O 23-5-2018, fai preto de 2 anos, SPJ-USO coa sua firma, puxo fin á folga mais dura da Xustiza galega.
Entre as condicións esixidas para a dita firma, encontrábanse, ademais dos 5 puntos reivindicados na folga (CAT, IT, SUBSTITUCIÓNS, AMORTIZACIÓNS e REFORZOS), que foron firmados e desenvolvidos na comisión de seguemento, lográndose melloralos nalgúns puntos, como foi a retroactividade dos descontos por IT que foron devoltos ós traballadores, a creación de prazas en 2019 (estánse a negociar as prazas a crear en 2020), e a consolidación de tódolos reforzos. Ademais do anterior (reivindicacións da folga), SPJ-USO, como sindicato maioritario naquel intre ó igual que a día de hoxe, asumiu a súa representación e esixiu que para firmar o acordo había que incluír dos puntos vitais:
- Estableceuse o complemento de violencia, que pasou de ser de 20 euros só nas cidades a ser de actuálmente: 125 euros na Coruña e Vigo; 78 nas demais cidades e 52 nos pobos.
- Incluíuse no acordo a CARREIRA PROFESIONAL, unha gran descoñecida nese intre para a maioría dos traballadores e sindicatos, e que SPJ-USO esixiu incluir para estampar a súa firma, e que finalmente se demostra que será o punto mais importante de tódolos conseguidos polos traballadores da Xustiza galega na folga de 2018.
Dende o mesmo día da firma do acordo por SPJ-USO e outros dous sindicatos (23-5-2018), SPJ-USO estivo a traballar sen descanso, velando polo cumprimento de cada un dos cinco puntos do acordo, así como esixindo a regulación da nosa CARREIRA PROFESIONAL e presionando para a súa posta en marcha á maior brevidade, dado que é un obxectivo que mellora a nosa categoría profesional e as nosas condicións de traballo.
O noso obxectivo referente á CARREIRA PROFESIONAL é lograr un acordo que sexa bo para todos, titulares e interinos, e que sexa de inmediata efectividade, independentemente da falta de regulación estatal por parte do Ministerio de xustiza ó respecto. Sigue leyendo






















