
ACLARACIÓNS ÓS SERVIZOS MÍNIMOS NA XUSTIZA GALEGA!!!
RESOLUCION DXX servicios esenciales Covid-19
Ante a multitude de preguntas ó respecto dos servizos mínimos, dende SPJ-USO apelamos novamente á prudencia, á paciencia e á responsabilidade ante unha situación excepcional como a actual, e pedimos desculpas por non poder en certos momentos dar resposta a tódalas cuestións que nos plantexades.
Dende SPJ-USO estamos a esixir que a Xunta de Galicia a mellora dos servicios mínimos acordados pola Direccións Xeral de Xustiza, por consideralos abusivos á vista da situación actual, e pendentes de oficialidade (de firma e publicación formal que se prevé na tarde de hoxe domingo). A pesares das nosas alegacións, ó parecer, o documento non vai a sufrir variacións relevantes. Destacamos que os servizos mínimos da Xunta son diferentes nalgúns puntos ós do Ministerio de Xustiza.
Finalmente os servizos mínimos non serán nominativos, e conforme á resolución: “A COBERTURA DOS SERVIZOS MÍNIMOS REALIZARASE MEDIANTE TURNO ROTATORIO DIARIO ENTRE OS FUNCIONARIOS INTEGRANTES DA PLANTILLA DE CADA ÓRGANO, NO QUE SALVO QUE EXISTA ACORDO VOLUNTARIO INTERNO NO ÓRGANO, SE SEGUIRÁ Á ORDE ALFABÉTICA DOS APELIDOS. SE O SERVIZO NON QUEDASE CUBERTO DESTA FORMA, DESIGNARASE ÓS FUNCIONARIOS DOS DIFERENTES TURNOS POLOS LETRADOS, FISCAL XEFE OU DIRECTOR DO IMELGA”
Os funcionarios con permiso por deber inexcusable para coidado de fillos menores ou maiores a cargo non entran no turno dos servizos mínimos.
O horario dos servizos mínimos é o horario ordinario da xornada de inverno.
Ante as múltiples preguntas, por suposto que estos servizos esenciais non acarrean desconto económico algún.
Débese de ter en conta a excepcionaliddade da situación, e o estado de alarma decretado.
Estamos á espera das instruccións concretas, e estamos a esixir se publiquen na tarde de hoxe, como ó parecer así será.
Preme para acceder á resolución dos servizos mínimos establecidos (pendiente de oficialidade):
RESOLUCION DXX servicios esenciales Covid-19
O noso compromiso é que vos manteremos puntualmente informados, e que estamos traballando arreo para dar unha solución satisfactoria a tódolos problemas que se nos plantexan.


















