Archivo diario: 02/03/2020

INMINENTE  PUBLICACIÓN DA MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE  SUBSTITUCIÓNS NA XUSTIZA GALEGA

mismo trabajo, mismo salarioINMINENTE  PUBLICACIÓN DA MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE  SUBSTITUCIÓNS NA XUSTIZA GALEGA

A dirección Xeral de Xustiza, ten intención de publicar NA SEGUNDA QUINCENA DESTE MES DE MARZO unha modificación da Orde de Substitucións actualmente en vigor, de 2009.

Como vos temos informado, estanse a negociar conxuntamente as novas ordes de substitucións e comisións de servizo, actualmente pendentes de informa da asesoría xurídica.

Pois ben, namentres, conforme levamos anos solicitando dende SPJ-USO, vaise modificar o réxime de substitucións nos seguintes termos:

  • Ó fin non será causa de cese nas substitucións a “falta de desempeño efectivo durante 15 días hábiles (baixas, permisos, etc).

  • RENUNCIAS: penalizaranse as renuncias coa imposibilidade de obter nova substitución durante 1 ANO.

  • REQUISITO PARA SOLICITAR UNHA SUBSTITUCIÓN: LEVAR 6 MESES no posto dende o que se participa, ben sexa definitivo (obtido por concurso) ou provisional (outra substitución ou comisión de servizos).

Preme para acceder: SUBSTITUCIÓNS – proposta de modificación da Orde

LISTAXES DEFINITIVAS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS PARA CADA CORPO E PROVINCIA ORDEADAS POR PUNTUACIÓN

balanza SPJ-USO

LISTAXES DEFINITIVAS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS PARA CADA CORPO E PROVINCIA ORDEADAS POR PUNTUACIÓN

Prevese a publicación das listaxes definitivas na web da Consellería mais na intranet de Xustiza antes de mediados de marzo.

As listaxes definitivamente aprobadas entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación e substituirán ás listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data.

O persoal interino que no momento da entrada en vigor estea prestando servizos seguirá desempeñando o posta ata que proceda o seu cesamento. Se o persoal que cesa forma parte dunha nova bolsa, pasará a ocupar o posto que lle corresponda nesta, de acordo coa puntuación obtida na baremación de méritos, independentemente do tempo traballado nos últimos destinos.

Lembramos que a composición das novas bolsas será a seguinte:

interinos

DEREITO Ó DESFRUTE DE UN DÍA DE ASUNTOS PARTICULARES A MAIORES A CAMBIO DO FESTIVO AUTONÓMICO DO 25 DE XULLO, ASÍ COMA DOS FESTIVOS LOCAIS EN SÁBADO.

Preme na seguinte imaxe para descargar a circular.

Imaxe dias por festivo en sábado

Preme para acceder á circular: CIRCULAR MODIFICACIÓN ORDE HORARIO E DIA DE PERMISO POR FESTIVOS EN SÁBADO

Preme para acceder ó escrito presentado: ESCRITO MODIFICACIÓN ORDE HORARIO E DÍA DE PERMISO POR FESTIVOS EN SÁBADO