PREME NA IMAXE
TESTIMONIO ACTA 17-03-2020.pdf TRIBUNAL SUPREMO
Comentarios desactivados en SPJ-USO Reitera o peche das oficinas xudiciais de Galicia por estado de alarma sanitaria
Publicado en SPJ INFORMA
Comentarios desactivados en PETICIÓN DENDE SPJ-USO DE SUSPENSIÓN DOS SERVICIOS MÍNIMOS A DXX
Publicado en SPJ INFORMA

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos a ampliación dos Servizos mínimos establecidos.
Comentarios desactivados en AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS MÍNIMOS NA XUSTIZA GALEGA!!! IMPORTANTE!!!
Publicado en SPJ INFORMA

Instrución do 17 de marzo de 2020, que compementa a resolución do 15 de marzo de 2020.
1. A falta de funcionarios voluntarios e existindo falta de consenso (ou outro tipo de incidencias) sobre a quen lle corresponde por quenda alfabética de apelido a prestación dos servizos esenciais, empezando pola letra A, os funcionarios serán determinados polos letrados da Administración de Xustiza en aplicación do artigo 452.3 da LOPJ; no caso da Fiscalía Fiscal Superior o seu titular e os Fiscais Xefes Provinciais, así como no IMELGA a súa directora.
2. Os servizos esenciais deberán ser prestados de forma rotatoria en quendas diarias,
quedando excluídas aquelas persoas que padezan patoloxías que sexan susceptibles
de agravarse polo contaxio do COVID-19:
Diabetes.
Enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión).
Enfermidade hepática crónica.
Enfermidade pulmonar crónica.
Enfermidade renal crónica.
Enfermidade neurolóxica ou neuromuscular crónica.
Inmunodeficiencia.
Embarazo.
Posparto (inferior a 6 semanas) e
Cancro.
Tamén quedarán excluídos aqueles funcionarios que se atopen na situación de deber inescusable para a atención de menores ou maiores que estean baixo a súa
dependencia, e sempre e cando cumpran os requisitos para acollerse ao permiso
correspondente. No caso de que ambos os dous proxenitores ou responsables do
menor ou do maior dependente teñan a condición de funcionarios en activo ao servizo das administracións públicas, non poderán gozar destas medidas simultaneamente.
En ambos casos, deberán remitir unha declaración responsable, segundo modelo de
Anexo que se xunta, ao correo do servizo de persoal da xefatura territorial correspondente.
A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Lugo: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es
3. As persoas concretas que deben cubrir cada unha das quendas serán designadas
conforme ao indicado no punto primeiro desta Instrución polo letrado da
Administración de Xustiza, fiscal xefe ou directora do IMELGA, e a distribución de
quendas e a designación das persoas queda suxeita ás incidencias que poidan
sucederse consonte un criterio de flexibilidade.
4. Todo o persoal que non se atope comprendido nos servizos esenciais estará ao
dispor do seu órgano facilitando o seu número de teléfono móbil ou outra forma
de contacto ao responsable do mesmo por se, ante calquera vicisitude, fóra
necesario completar o persoal de calquera dos órganos xudiciais da localidade.
Comentarios desactivados en INSTRUCCIÓN SOBRE SERVIZOS MÍNIMOS, PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE, MODELO E FORMA DE PETICIÓN DO PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE.
Publicado en SPJ INFORMA