
No día de hoxe constituíse a nova mesa sectorial xurdida das últimas eleccións sindicais no que vos lembramos SPJ-USO continua a ser a forza sindical maioritaria na Xustiza Galega con 3 representantes na nova mesa sectorial.
SPJ-USO Galicia reitera a DXX unha serie de peticións que levamos propoñendo con forza nos últimos meses co obxectivo de defender os dereitos dos traballador@s da Xustiza en Galicia. Aquí vos deixamos un resumo das principais propostas que fixemos na reunión de hoxe :
1.- APERTURA URXENTE DO GRAO EXTRAORDINARIO 1 E 2 PARA O PERSONAL QUE NON PUIDO ACCEDER NO SEU MOMENTO
En primeiro lugar SPJ-USO Galicia esixiulle á DXX unha solución inmediata para os traballador@s que se atopan fóra do grao correspondente de carreira profesional segundo o acordo asinado o 28/10/22. No punto quinto do acordo en relación ao sistema ordinario de recoñecemento da traxectoria profesional establécese: No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento dá traxectoria profesional, para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.
Xa no derradeiro trimestre do ano e con escaso tempo de manobra para negociar, desenvolver e publicar as bases para a solicitude do Grao Ordinario antes de final de ano, e debido á complexidade da negociación deste sistema a nivel autonómico, desde SPJ-USO denunciamos a discriminación que están a sufrir compañeir@s que se atopan prexudicados ao non poder acceder a este sistema extraordinario tal e como recollía o acordo asinado. Compañeiros chegados no último concurso de traslados con antigüidades superiores a 5 anos, e compañeiros que por un mes ou dous non puideron acceder ao grao correspondente na derradeira convocatoria de acceso, atópanse nunha situación discriminatoria e inasumible segundo o regulamento orgánico e retributivo dos corpos da administración de Xustiza.
É importante apuntar que o número de traballadores que viñeron no último concurso de traslados con máis de cinco anos de antigüidade así como aqueles que cumpriron neste ano os requisitos para solicitar o recoñecemento de carreira profesional non é elevado; por tanto débese solucionar este tema coa apertura inmediata dun grao extraordinario 1 e 2 para evitar problemas xurídicos e de índole xudicial.
Polo tanto reiteramos esta nosa proposta para o recoñecemento e acceso á carreira profesional con efectos 1 de xaneiro de 2024 para traballador@s que contan cunha antigüidade profesional de máis de cinco anos, con formación e coñecementos adquiridos na Administración.
Neste sentido o director Xeral informounos de que están a manter conversas con Función Pública para chegar a un consenso e poder fixar datas definitivas para a implantación.
2.-PLAN INTEGRAL DE VIOLENCIA PARA TODOS OS XULGADOS DE GALICIA
SPJ-USO Galicia insiste no desenrolo dun plan integral en todos os xulgados de Violencia sobre a Muller de Galicia, exclusivos e non exclusivos.
Os xulgados de Violencia Sobre a Muller con competencia nesta materia das distintas cidades e pobos de Galicia, levan sufrindo desde hai tempo unha situación insostible. Dada a inmediatez e urxencia que esixe esta materia, atópanse a diario cun servizo de garda permanente o que provoca unha xornada laboral que se estende sempre fose do horario laboral.
SPJ-USO vén denunciando esta situación e solicitou tanto á Sala de Goberno do TSXG como á DXX que se desenvolva un Plan para atender os problemas dos Xulgados de Violencia Sobre a Muller en toda a Comunidade Autónoma e neste momento en concreto, o Xulgado de Violencia de Vigo e A Coruña. No devandito xulgado a situación de colapso sufrida durante este ano e en concreto durante este mes de agosto, no que a situación foi insostible, dado que había persoal de baixa médica, persoal con covid, etc, quedando o servizo case sen persoal, polo que as xornadas laborais eran maratonianas sempre máis aló das 20.00 horas. A Dirección Xeral de Xustiza, non pode seguir mirando para outro lado e debe tomar medidas urxentes e de inmediatez, non pode seguir deixando pasar o tempo e non actuar de maneira rápida e eficaz, é coñecedora desta problemática transmitida tanto en reunións como en diversos escritos presentados por este Sindicato. O esforzo que realizan os compañeiros nestes órganos SOBREHUMANO, descoñece que cantidade de traballo van realizar ese día, a que hora sairán, cando entrará o último atestado, lembremos que as súas fichaxes case cada día son máis aló dunha xornada laboral, sendo o seu horario coma se estes funcionarios estivesen de garda permanente, isto é imposible á hora de conciliar, debido a un horario incontrolado, o que imposibilita a conciliación da vida persoal e familiar.
SPJ-USO reiterou novamente as súas peticións e solicita un PLAN URXENTE E INMEDIATO para resolver a problemática diaria no XULGADO DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER DE VIGO e A Coruña e SOLICITA:
- O nomeamento de polo menos tres prolongacións de xornada para os funcionarios deste xulgado, dado que deben quedar cada día ata as 20.00 da tarde,
- O nomeamento de polo menos un funcionario de reforzo que poida axudar a reducir as xornadas maratonianas existentes neste momento e que se poden comprobar coas fichaxes e que tanto a administración é coñecedora como a Sala de Goberno do TSXG.
- Que as baixas que poidan producirse nesta xurisdición sexan cubertas de maneira urxente e inmediata, dado que a falta dun funcionario repercute aínda máis na precariedade laboral en materia de persoal que se sofre nestes Xulgados e mentres este nomeamento non sexa efectivo, o servizo quede cuberto por persoal do Servizo de Apoio.
- Dar solución ao xulgado de violencia de Pontevedra coa implantación urxente de 2 prolongacións de xornada , xa que é o único das 7 grandes cidades de Galicia que a día de hoxe carece de prolongación. (Este sindicato solicitou por activa e por pasiva a solución desta problemática)
SPJ USO solicita a maiores un plan específico e integral para todos os xulgados de Violencia de Galicia debido á especial dificultade da materia e á sensibilidade que se debe ter coa cidadá este asunto.
- Reforzo de persoal con polo menos un funcionario en todos os xulgados que asumen violencia tanto nas 5 cidades que non son exclusivos como nas vilas que superan as 75 dilixencias anuais.
- Dúas prolongacións de xornada de duración semanal nos xulgados exclusivos de Vigo e Coruña para atender o exceso de horario que fan estes traballadores e póidase conciliar a vida familiar e laboral.
- Unha prolongación de xornada cada semana nas 5 cidades restantes.
- Aumento do complemento de violencia na Coruña e Vigo igual que pasa no resto do Estado.
- Aumento do complemento dos xulgados de violencia non exclusivos das 5 cidades
- Aumento do complemento dos xulgados das vilas que superan as 75 dilixencias
- Implantación dun complemento dos xulgados das vilas que non superan as 75 dilixencias
Con respecto a nosa petición dun plan integral de violencia o director Xeral anunciou que vai propoñer a Comisión Mixta unha serie de cambios nos ámbitos dos xulgados de Violencia sobre a Muller. No casos dos xulgados con competencia na materia a intención é que o rexistro das dilixencias urxentes non se exceda máis alá das 12.00-13.oo horas para que o persoal dos xulgados poida rematar no horario de mañá eses procedementos. Para os xulgados mixtos de violencia proporá que sexan eximidos parcialmente do reparto pola dobre carga que supoñen os procedementos civís derivados das dilixencias penais de violencia. Tamén adiantou que solicitarán reforzos de xuíces para apoiar temas de familia.
Para SPJ-USO é insuficiente a proposta da DXX cando en todos os xulgados de violencia do país existe unha contraprestación económica especial para paliar as deficiencias que existen nestes órganos. O plan integral de violencia ten que se dotar orzamentariamente cun plan global.
Con respecto os anuncios de creación de 5 novos xulgados de violencia sobre a muller nas cidades galegas, o único que saben é que serán de nova creación e que non afectará o plan de creación de novas unidades do ano 2023. Manifestou tamén que a DXX cree que en Galicia se creará un novo xulgado de Primeira Instancia nº 16 en Coruña, unha praza de maxistrado na sección civil da Audiencia en Vigo e outra unidade máis que descoñecen actualmente.
A dirección Xeral informou que solicitou a “orzamentos” a dotación presupostaría para unha futura creación de 25-26 prazas. Si finalmente so se crea un órgano xudicial e praza de Maxistrados, as prazas sobrantes destes órganos (lembrade que prevían crear 3 órganos) irán a unha mesa sectorial para negociar a súa colocación noutras unidades.
3.- SPJ USO GALICIA ESIXIU A AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DISFRUTE DE DÍAS DE PERMISOS E VACACIÓNS ATA O DÍA 31 DE MARZO
Este sindicato xa presentou diversos escrito á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, solicitando que se autorice aos funcionarios dos Corpos ao servizo da Administración de Xustiza no ámbito xestionado pola Comunidade Autónoma de Galicia, para que poidan gozar das vacacións e días de asuntos particulares pendentes a data 31 de xaneiro de 2023, ata o día 31 de marzo de 2024. Todo iso en base a que a Dirección Xeral para o servizo Público de Xustiza ditou unha Resolución sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2023, do persoal funcionario da Administración de Xustiza no ámbito xestionado polo Ministerio de Xustiza, acordando a que se poida autorizar o goce das vacacións correspondentes ao ano 2023, ata o 31 de marzo de 2024, aos funcionarios dos Corpos Xerais e Especiais da Administración de Xustiza do territorio non transferido.
Como xa adiantamos, neste caso gracias a loita de este sindicatoa DXX accedeu parcialmente á nosa solicitude e ACORDOU QUE PODERÁN DESFRUTARSE SEN LIMITACIÓN ALGUNHA ata o día 29 DE FEBREIRO de 2024.
Na reunión de hoxe a DXX acordouse fixar esa data de 29 de febreiro porque a outra opción era acollerse a orde do Ministerio que era moito máis restrictiva, dado que neste caso solo se poderían acoller a ella os funcionarios en determinados supostos moi tasados, optándose por fixar en Galicia unha data para desfrute sen limitación algunha.
4.- PRAZAS DE NOVA CREACIÓN PARA ÓRGANOS INFRADOTADOS
O noso sindicato segue coa mesma política de creación de todas aquelas prazas en órganos infradotados de Galicia, así como naqueles que teñen reforzos próximos os 3 anos tal e como a DXX asinou no acordo do 2018. E evidente que agora por lei ningún reforzo pode alcanzar os 3 anos polo que a DXX non se pode escusar no feito de que ningún deles alcanza dito tempo. A realidade é que eses reforzos están alcanzar tempos próximos os 3 anos, producíndose ceses deses reforzos semanas ou días antes de alcanzar esa cifra. Polo tanto, SPJ USO vai loitar pola consolidación desas prazas próximas os 3 anos así como a creación daquelas necesarias nos órganos que teñan a plantillas reducidas en comparación con outros similares.
5.-SOLUCIÓN O PROBLEMA DAS SUSPENSIÓNS NAS BOLSAS DE INTERINOS DE XENTE DE FÓRA DE GALICIA
SPJ-USO vai esixir á DXX poñer fin o problema das suspensións temporais “sine die” nas bolsas de interinos. A situación actual xurdida pola cantidade de integrantes das bolsas de interinos de Galicia en situación de suspensión temporal, sobre todo por xente de fora de Galicia que nunca tiveron intención de traballar na nosa bolsa, está a provocar graves prexuízos o resto dos integrantes das mesmas e indirectamente a xente da nosa Comunidade que quedou excluída das bolsas a pesar de que estes últimos sí tiñan intención de traballar e que se apuntaron ilusionados e que agora están a ver como se realizan chamamentos errados con unha cantidade elevadísima de suspensión desde o primeiro día da entrada en vigor da bolsa, xente que na maioría dos casos é de fora de Galicia e están a traballar xa noutras bolsas de xustiza.
6.- POSTA EN MARCHA DAS GARDAS DE 24 HORAS PARA OS XULGADOS DE INSTRUCCIÓN DE A CORUÑA E VIGO.
As cidades de A Coruña e Vigo son as dúas únicas do estado con 8 ou mais xulgados de instrución que non dispoñen deste servizo , o cal esta amparado polo CGPJ, M DE XUSTIZA, TSJG, COLEXIO DE AVOGADOS ETC , lembremos que parte do custo asúmeo o Ministerio. Esta negativa do DXX na posta en marcha deste servizo vai en contra dos cidadáns de Galicia e tamén vai en contra da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores , e do desenvolvemento das funcións dos xulgados de instrución destas dúas cidades.
O director Xeral continúa reticente a nosa petición en contra de todos os estamentos da xustiza, dende as organizacións sindicais ata o propio CXPJ. Desde SPJ-USO imos seguir loitando pola implantación das gardas de 24 horas a pesar da oposición da Xunta de Galicia.
7.-ACTUALIZACIÓN CADRO DE HORARIO E CALENDARIO LABORAL
A DXX comprometeuse no mes de marzo a convocar mesas de traballo para negociar a nova regulación do Calendario laboral. A data de hoxe seguimos ancorados e pendentes de convocatoria, polo que urxe dar un paso xa que lembramos que levamos nove anos coa mesma normativa e A LEXISLACIÓN VIXENTE ESTABLECE QUE DEBE SER REVISADA E ACTULIZADA DE INMEDIATO.
8.- REVISIÓN ORDE DE PERMISOS VACACIÓNS E LICENZAS
O procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia regúlase, por resolución do 8 de abril de 2009 da Dirección Xeral de Xustiza. Tras máis dunha década onde o avance do plan concilia, medidas Covid e distintos criterios noutros ámbitos transferidos que derivan en desigualdade cos funcionari@s de Galicia, é polo que desde SPJ USO consideramos que a normativa actual debe ser revisada e adaptada aos tempos actuais mediante a correspondente mesa de negociación.
9.- FORMACIÓN DE FORMADORES
A solución que propuxo a DXX para resolver a falta de formación para os compañer@s que acudían sen ou con pouca experiencia a un novo posto de traballo, HAI QUE CUALIFICALA DE MOI DEFICIENTE, é un mal parche que non resolve que se logre un obxectivo firme para que o traballo nos Xulgados flúa, polo que desde SPJ USO consideramos que é necesario asentar unhas bases claras para que un traballador que acuda a un novo posto teña unha adaptación digna e non se converta nun resultado infrutuoso, tal e como está a suceder.
10.-CONVOCATORIA COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
Transcorrido máis de 3 meses desde a última convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde e tras a publicación do Protocolo de Acoso Laboral, segue pendente o desenvolvemento do regulamento interno e igualmente urxe a elaboración do Protocolo de Acoso Sexual e acoso por razón de Sexo.
11.-DICIREG
O Dicireg xa é unha realidade na Comunidade galega e nomeáronse algún reforzo para axudar cos a implantación deste sistema. Desde SPJ USO consideramos que é unha medida importante pero non pode haber Rexistros Civís do primeira e de segunda polo que debe ser igual para todos.
12.-TELETRABALLO
Tras o fin do teletraballo de maneira unilateral por parte do Ministerio de Xustiza e ante o baleiro legal que se atopan Letrados, Fiscais e Forenses para outorgar novamente esta medida laboral aos traballadores, desde SPJ USO insistimos que desde a DXX débense dar unhas instrucións a través dos Secretarios Coordinadores para que sirva de soporte aos titulares dos órganos Xudiciais e desta maneira permitan teletraballar a aqueles traballadores que polas súas circunstancias familiares ou persoais necesiten desta medida.
Finalmente o director Xeral emprazounos para unha nova mesa sectorial o día 17 de xaneiro do próximo ano co fin de negociar a resolución do novo calendario laboral, a bolsa de interinos, médicos forense así como unha proposta de modificación das quendas dos Rexistros Civís consecuencia da nova regulamentación nos dos rexistros, así como os borradores dos protocolos de acoso sexual e o de acoso laboral.
Con respecto os Rexistros Civís o director Xeral sinalou que nos xulgados mixtos das vilas van a estudiar o incremento das plantillas en 1 ou 2 funcionarios alí onde sexa necesario para compatibilizar funcións no Rexistro Civil coas da sección civil. Esto débese, segundo o director Xeral, a próxima implantación da Lei de eficiencia organización, a Lei do Rexistro Civil e o propio DICIREG. Esto estase a tratar nun grupo de traballo co Ministerio de Xustiza sen que sexa definitiva esta proposta.
Podedes descargar o contido íntegro da nota premendo no seguindo enlace:
🔗 NOTA DA MESA SECTORIAL 13.12.23


















