ÚLTIMA HORA SOBRE OPOSICIÓNS:

Resultado de imagen de OPOSICIONES JUSTICIAQUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA

PREVISIÓN DE DATAS PARA O PRIMEIRO EXERCICIO DE XESTIÓN E TRAMITACIÓN, QUENDA LIBRE, OEP 2017/18.

Segundo  informa o Ministerio de xustiza, as datas posibles para realizar o primeiro exercicio da quenda libre serán:

–         De Xestión procesual e administrativa correspondente á convocatoria 2017/2018, ACCESO  QUENDA LIBRE, serían o 16 ou 17 de novembro. Na segunda quincena de setembro publicaránse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no BOE.

–         De Tramitación procesual e administrativa sería previsiblemente para o 23 ou 24 de novembro. A rectificación das bases da convocatoria (BOE 31-8) publicarase de inmediato no BOE, nos termos que vos temos informado.

O prazo de presentación de instancias remata o 27 de setembro.

–         De Auxilio Xudicial prevese a convocatoria a finais deste mes de setembro, non prevéndose a celebración de exames antes de xaneiro de 2020.

De tódolos xeitos, estas datas son ORIENTATIVAS e NON OFICIAIS,  e aínda as universidades non confirmaron a dispoñibilidade de aulas para esas datas.

Respecto da promoción Interna prevese que se inicie a fase de Concurso e presentación de méritos (20 días hábiles) a finais deste mes de SETEMBRO, previa a publicación das listaxes da aprobados definitivos.

 

Los comentarios están cerrados.