TRAS A PRESIÓN EXERCIDA POR SPJ-USO A DXX CONVOCA REUNIÓN POLO TELETRABALLO‼️

TRAS A PRESIÓN EXERCIDA POR ESTE SINDICATO SPJ-USO, PEDINDO UNHA REUNIÓN PARA NEGOCIACIÓN DO TELETRABALLO ⤵️

➡️A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicar o seguinte:

👉 CONVOCA REUNIÓN PRESENCIAL, CON TODOS OS SINDICATOS O PRÓXIMO DIA 8 DE NOVEMBRO DE 2023 , AS 11.00 HORAS.

 

A Dirección Xeral de Xustiza envia o seguinte correo:

«Convócase reunión na sala de xuntas da Dirección Xeral de Xustiza na EGAP para o próximo mércores 8 de novembro ás 11 h. A finalidade da reunión é aclarar a aplicación en Galicia da Circular Informativa da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza sobre o cese das medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza publicada o pasado venres 27 de outubro.

Para unha mellor organización cada organización sindical debe indicar previamente as persoas que asistirán á reunión, a máis tardar o luns 6 de novembro.»

Manterémosvos puntualmente informados!!!

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.