
TELETRABALLO: SPJ-USO SOLICITA UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT
*
SPJ-USO PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT

SPJ-USO PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT

Escrito presentado por SPJ-USO ante a Dirección Xeral de Xustiza. 

A implantación efectiva do teletraballo na Administración de Xustiza en Galicia require que os postos dispoñan dos medios tecnolóxicos necesarios para manter a comunicación ordinaria e garantir a continuidade do servizo público.A propia información oficial da Xunta sinala que a persoa teletraballadora debe dispoñer dun teléfono de contacto ao que desviar as chamadas da oficina ou no que poida ser localizada.

SPJ-USO considera que o persoal non pode depender dun teléfono compartido nin estar obrigado a facilitar ou utilizar o seu número particular para poder teletraballar.

A solución non consiste necesariamente en instalar un teléfono físico en cada mesa, senón en asignar unha extensión corporativa individual a cada dotación das RPT, que poida utilizarse tanto presencialmente como a distancia mediante telefonía IP, aplicación informática ou sistema corporativo equivalente.
SPJ-USO solicita:
Un inventario previo das extensións e terminais existentes, comparándoos co número de dotacións recollidas nas RPT.*
Unha extensión corporativa propia para cada dotación, con prioridade para os postos susceptibles de teletraballo.*
Unha extensión corporativa propia para cada dotación, con prioridade para os postos susceptibles de teletraballo.**
Que a extensión quede vinculada ao posto de traballo e non a un teléfono ou ordenador concreto.
Que a extensión quede vinculada ao posto de traballo e non a un teléfono ou ordenador concreto.*
Que o persoal poida facer e recibir chamadas desde o equipo corporativo mantendo a identidade telefónica do posto.
Que o persoal poida facer e recibir chamadas desde o equipo corporativo mantendo a identidade telefónica do posto.
Que se manteñan os números xerais dos órganos e servizos mediante grupos ou sistemas de distribución de chamadas.
Que a persoa teletraballadora poida recibir directamente as chamadas, sen depender continuamente do persoal que permaneza na oficina.
Que o acceso ao teletraballo non quede condicionado á utilización de teléfonos particulares.
Que esta medida se incorpore á futura normativa autonómica de teletraballo.
Un informe técnico, unha relación das carencias existentes e un calendario concreto de implantación.
O teletraballo debe implantarse con autonomía, continuidade do servizo e igualdade de medios respecto do traballo presencial.Accede ao escrito e ao xustificante de presentación:


















