SPJ-USO ESIXE A ACTUALIZACIÓN URXENTE DA SINALIZACIÓN NOS XULGADOS DA PARDA (PONTEVEDRA)
Publicado el27/11/2026|Comentarios desactivados en SPJ-USO ESIXE A ACTUALIZACIÓN URXENTE DA SINALIZACIÓN NOS XULGADOS DA PARDA (PONTEVEDRA)
ℹ️➡️ Desde SPJ-USO vimos de presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza denunciando o caos organizativo nos edificios xudiciais da Parda tras a implantación dos novos Tribunais de Instancia (LO 1/2025).
🔴 Cal é o problema? ❌ Cartelería obsoleta: Os directorios e paneis non reflicten a nova distribución de órganos, seccións e servizos comúns.
😕 Desorientación total:Cidadanía, profesionais e persoal pérdense nas sedes.
⏳ Sobrecarga de traballo: Os funcionarios sofren interrupcións constantes para facer de guías nos corredores, prexudicando a axilidade do servizo.
📄 Imaxe de precariedade: O propio persoal ten que pegar folios improvisados nas paredes para orientar á xente, dando unha imaxe impropia da Administración de Xustiza.
🔴 Que esiximos? ☑️ A renovación e actualización integral e urxente de toda a sinalización interior, directorios e paneis informativos da Parda para adaptalos á nova estrutura xudicial.
⚠️⚠️ SPJ-USO: Por unhas condicións de traballo dignas e un servizo público de calidade!
▪️ Amplía información e accede ó escrito presentado e xustificante de presentación: ⤵️