TARXETA DE EMPREGADO PUBLICO.- NOVO MODELO

Por motivos técnicos, nos próximos meses será necesario substituír as actuais tarxetas de persoa empregada pública de modelos anteriores a maio de 2022 por un novo modelo con novas capacidades.

Por ese motivo hai en marcha un proxecto dirixido a emitir e entregar unha nova tarxeta a todas as persoas afectadas. Non será necesario que solicites esta renovación, pois as tarxetas a substituír están xa previamente identificadas e será planificada a súa progresiva impresión e entrega. As persoas afectadas serán progresivamente avisadas por correo electrónico. Si será importante que permanezas atento/a ante a posible recepción desta mensaxe e, de recibila, que sigas as instrucións que nela se dean para acordar a entrega da nova tarxeta.

Mentres, poderás seguir usando normalmente a tarxeta actual, mantendo os mesmos códigos PIN e PUK que empregas na actualidade.

Podes consultar máis información sobre as tarxetas nesta páxina:

tarxeta de identificación do persoal.

Los comentarios están cerrados.