Escrito RETOMAR NEGOCIACIÓNS PLAN DESESCALADA
Xustificante-PR004A-20200506 (2)
Prácticamente despois de dous meses sen actividade xudicial, debido ao tremendo impacto producido pola pandemia do Covid 19, agora todo indica que nos encontramos ás portas dunha posible desescalada na Administración de Xustiza a nivel nacional, que supón unha volta paulativa ao traballo, barallándose xa posibles datas de posta en funcionamiento das que serán as novas medidas.
É polo que desde SPJ-USO entendemos que, nestes momentos nos que nos atopamos, tamén a DXX, en aras da súa responsabilidade para coa Administración de Xusticia Galega e dentro das súas competencias ineludibles, debe retomar as negociacións que afectan directamente á situación laboral e persoal dos funcionarios destinados na nosa Comunidade e que, por motivos coñecidos de urxencia sanitaria, tiveron que quedar “aparcadas” para facer fronte á terrible situación sobrevenida e, por ende, a DXX xa non pode ampararse baixo a escusa do Covid 19 nunha actitude “sine die” de paralización do resto de toda actividad sobre os demais asuntos que afectan e preocupan ao noso colectivo senón que pode e debe emprender o camiño.
Por eso, é hora de retomar as negociacións pendentes para que, unha vez se vaia producindo a incorporación paulatina e gradual e, sempre, con todas as garantías sanitarias, a Administración de Xusticia Galega estea nas condicións, máis optimas posibles, de afrontar os duros e complicados meses que están por chegar.
Ante este reto, no menor, tanto para a Administración como para todo o persoal que integra a Administración de Xusticia en Galicia, os temas, obxecto de negociación, a través de mesa sectorial, de tremenda necesidade para o bo desenvolvemento, a corto e medio prazo da Xusticia Galega, serían:
ORDE DE COMISIÓNS E ORDE DE SUSTITUCIÓNS:
Este é un tema de máxima importancia para os traballadores de Xusticia. Non podemos seguir “convivindo” cunha Orden de Sustituciós que, na actualidade, sufriu un sinfín de modificacións, unhas obrigadas por sentencias xudiciais, outras pola inoperancia e desigualdade producidas por unhas normas que xa non se axustan á realidade.
Por eso, entendemos tamén, que esta nova regulación debe levar aparellada unha Orde de Comisións de Servizos, áxil e moderna, e denunciamos que non se pode demorar máis, á espera dun informe dos servizos xurídicos do ano anterior.
Vai sendo momento de axilizar as normas na Xusticia Galega, para que se modernice e poda afrontar os novos retos.
ORDE DE INTERINOS
Unha orde de interinos, cuxa negociación se fixo interminable, ocasionando innumerables problemas á hora do nombramiento de interinos, e ainda pendente da súa publicación, por un ou otro motivo (que serían interminables de contar nun escrito). É unha prioridade, que xa non admite máis dilación, dar remate a esta fase e proceder á publicación das listas definitivas de interinos e a súa aplicación, paso que, sen dúbida ningunha, aliviaría os grandes problemas que acarrea nombrar a funcionarios do SEPA, asi como aos reforzos coxunturais e estructurais que poidan xurdir coa nova situación post-pandemia.
CARREIRA PROFESIONAL.-
Esta é outra das negociaciós acabadas e só á espera de dar por concluída, coa súa posterior publicación onde corresponda oficialmente, para coñemento e seguridade dos compañeiros do que se lles transmitiu no seu momento.
ACCION SOCIAL
Respecto á acción Social, aproveitando a crise de hai unha década, seguimos, despois de 10 anos sen destinar á acción social o 1% da masa salarial e, o que é peor, sen a totalidade dos programas que había no seu momento, manténdose soamente o programa de axuda á discapacidad.
Dentro das medidas económicas no marco do Covid 19, cremos que é necesario dotar unha partida presupuestaria destinada á adquisición dos medios tecnolóxicos necesarios tanto para o desenvolvemento do teletrabajo como para a modernización e adaptación dos dispoñibles polos compañeiros que queiran e poidan acollerse a este sistema de traballo desde o seu domicilio.
OS XULGADOS DE PAZ
Lembrarlle á DXX que, a día de hoxe ainda e inexplicablemente, ten pendente a regularización en nómina do punto a maiores para todos os xestores-secretaría dos XuLgados de Paz.
POR TODO O ANTERIORMENTE MANIFESTADO É POLO QUE SOLICITAMOS E VEMOS NECESARIO QUE, CON CARÁCTER DE URXENCIA, SE PROCEDA Á SINALIZACIÓN DE MESAS SECTORIAIS PARA TRATAR OS ANTEDITOS TEMAS XUNTO CUN PLAN DE DESESCALADA, NUS TERMOS CONCRETOS, CONCISOS E VIABLES, QUE POSIBILITEN ENTRAR NAS DISTINTAS FASES DE DESESCALADA, NUNHAS CONDICIÓNS O MAIS ÓPTIMAS POSIBLES, dentro da gran dificultade que se vai encontrar a Xusticia Galega, na súa volta á “nova realidade”, moi recorrida por todo o mundo, nestes tempos de pandemia.


















