SPJ-USO SOLICITA O NOMEAMENTO URXENTE DUN FUNCIONARIO DE REFORZO NO SERVICIO DE APOIO DE FERROL

No día de hoxe vimos de presentar un escrito solicitando o NOMEAMENTO URXENTE de un funcionario do Corpo de Auxilio Xudicial no servicio de apoio de Ferrol.

O servicio de apoio de Ferrol non dispón de funcionario de Auxilio Xudicial situación discriminatoria con respecto ao que sucede nos Servicios do resto das cidades galegas que teñen como mínimo un funcionario de Auxilio.

Todos sabemos que a gran maioría dos xulgados só dispoñen dun funcionario de Auxilio Xudicial e que cando estes están de vacacións, permiso ou por circunstancias sobrevindas, o servizo de apoio ademais de atender a celebración de Videoconferencias encárgase de cubrir as necesidades que poidan xurdir nos distintos Xulgados, cubrindo aos seus compañeiros na celebración de xuízos, elaboración de correo urxente, e outras moitas incidencias.

Por todo isto solicitamos que se proceda a nomear un funcionario de reforzo do corpo de Auxilio Xudicial para o Servizo Común de Apoio de Ferrol, así como que a DXX, faga as xestións oportunas para consolidar dita praza, ofertándoa en comisión de servizos e posteriormente no correspondente concurso de traslados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.