
SPJ-USO ven de solicitar unha reunión urxente da mesa sectorial de xustiza, na que entre outros se negocien dunha vez por todas os seguintes puntos:
- Unha regulación xusta e equitativa das comisións de servizo.
- Unha modificación que mellore e resolvan conflitos que se producen nas substitucións entre titulares.
- O abono do cuarto punto ós xestores dos xulgados de paz.
- Mesa de Comité de Seguridade e Saúde, onde se nos informe do plan de mobiliario 2019-2020; distribución de cadeiras, mesas, armarios e reposapés. Tarxetas de Identificación e obrigatoriedade de chalecos SCNE, e se de resposta ás peticións instadas por este Sindicato, tales como instalación de desfibriladores, realización de proba de detección precoz de cancro de colon rectal, gas radon e seguridade nos órganos xudiciais.
Ante o noso requirimento, a DXX ven de comunicarnos que en vindeiras datas seremos convocados, para tratar entre outros estes puntos por nós solicitados.


















