Este sindicato leva moito tempo solicitando a negociación íntegra dunha nova normativa de substitucións, e asimesmo rematar a negociación das Comisións de Servizo, reivindicación que reiteramos.
Non obstante o anterior, e mentras esa negociación e en consecuencia a nova normativa non se produzan, solicitamos CON CARÁCTER DE URXENCIA a MODIFICACIÓN PARCIAL DA ACTUAL NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS.
Dende 2020 esíxese como requisito para as substitucións unha permanencia mínima de seis meses continuados no posto dende o que se participa. Esta condición pretende unha mínima estabilidade do persoal nos órganos xudiciais e unha mellor prestación do servizo público; non obstante as substitucións verticais que se producen dentro da mesma unidade garanten, ademais da axilidade na cobertura da praza, un mellor funcionamento do servizo; motivo este que aconsella exceptuar o requisito de permanencia mínima no posto exclusivamente para aquel persoal que a solicite dentro da mesma unidade.
Accede ó ESCRITO SOLICITANDO A MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS (1)
Xustificante de presentación de escrito.–Solicitud-PR004A-20220117 (1)