ADEMAIS DE LEVAR ADIANTE A CARREIRA PROFESIONAL NA XUSTIZA GALEGA GRACIAS Ó ACORDO CONFORME VOS TEMOS EXPLICADO DETALLADAMENTE, RELACIONAMOS OUTROS PUNTOS DO ACORDO QUE SON UNHA REALIDADE E ESTÁNSE A CUMPRIR.
INCREMENTO RETRIBUTIVO DO CAT
Xa se abonaron os incrementos correspondentes ó ano 2018 e 2019. Polo que só queda por pagar a parte correspondente ó ano 2020, que se abonará sen dúbidas o 1 de xaneiro e que se concreta nas seguintes cantidades:
2020: Forenses: 28 € – Xestión: 27 € – Tramitación: 25,40 € – Auxilio: 24,40 €.
Estas cantidades incrementaranse adicionalmente coa suba do 2% anual prevista para o ano 2020 e que a Xunta se comprometeu tamén a abonar, aínda que sen precisar a data.
Ademais do anterior, debemos ter en conta que o acordo non é “pechado”, e pola contra está aberto a actualizacións pola CLÁUSULA DE REVISIÓN AUTOMÁTICA, debendo actualizarse anualmente o CAT no terceiro trimestre de cada ano, a fin de que a modificación se poida incluír nos orzamentos anuais, garantíndosenos que nunca estaremos por debaixo da media nacional.
DESCONTOS POR INCAPACIDADE TEMPORAL
Como é ben sabido, grazas ao Acordo de Galicia, fomos os primeiros a quen se eliminou tales descontos, percibíndose na actualidade o 100% do salario en caso de baixa por enfermidade, abonándose en Galicia con carácter retroactivo os descontos efectuados.
RETRIBUCIÓNS ÍNTEGRAS POR SUBSTITUCIÓNS
Conseguido desde o primeiro minuto do Acordo.
CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS DE REFORZO
Punto do Acordo tamén conseguido desde o primeiro ano: 36 prazas creadas e consolidadas.
CREACION DE PRAZAS NO MARCO DO PLAN DE MODIFICACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL APROBADOS NO 2012
Ata 32 prazas na primeira tanda que se crearán e sairán no concurso do próximo ano:
1.- TRAMITADOR/A P.A. – Fiscalía de A Coruña
2.- TRAMITADOR/A P.A.- Fiscalía de Santiago
3.- XESTOR/A P.A.- Fiscalía de Vigo
4.- TRAMITADOR/A P.A.- Fiscalía de Santiago
5.- AUXILIO X. – Servizo de Apoio A Coruña.
6.- TRAMITADOR/A P.A.- Social 3 de Santiago
7.- XESTOR/A P.A.- Fiscalía de A Coruña
8.- TRAMITADOR/A P.A.- Decanato de Lugo
9.- XESTORA P.A.- Instancia 6 de Santiago
10.- XESTORA P.A.- Instancia 2 de Lugo
11.- XESTORA P.A.- Instancia 5 de Pontevedra
12.- XESTORA P.A.- Instancia 6 de Ourense
13.- TRAMITADOR/A P.A.- Decanato Ourense
14.- TRAMITADOR/A P.A.- Fiscalía de Vigo
15.- TRAMITADOR/A P.A.- Fiscalía de Vigo
16.- TRAMITADOR/A P.A.- Arzúa
17.- TRAMITADOR/A – Mixto 1 de Corcubión
18.- TRAMITADOR/A P.A.- Mixto 1 Carballo
19.- TRAMITADOR/A P.A.- Mixto 3 Ribeira
20.- TRAMITADOR/A P.A.- Sarria
21.- AUXILIO – Servizo de Apoio de Santiago
22.- TRAMITADOR/A P.A.- Monforte 1
23.- TRAMITADOR/A P.A. – Viveiro 2
24.- TRAMITADOR/A P.A. – Ponteareas 1
25.-AUXILIO – Servizo de Apoio de Pontevedra
26.- AUXILIO X. – Servizo de Apoio de Vigo
27.- XESTOR/A P.A. – Instancia 14 de Vigo
28.- TRAMITADOR/A P.A. – Ponteares 3
29.- AUXILIO X. – A.P. S.2ª A Coruña
30.- XESTOR/A P.A. – A.P. S.1ª Lugo
31.- AUXILIO X. – A.P. S.4ª Pontevedra
32.- AUXILIO X. – A.P. S. 5ª Pontevedra (Vigo)
COMPLEMENTO ESPECÍFICO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA
Perciben o complemento (100 – 75 – 50 €) dende o primeiro día do Acordo.
———————————————————————————————————————————-
En definitiva co colofón da próxima implantación da nosa carreira profesional, carreira profesional na que seremos pioneiros tras Valencia a nivel nacional, e a actualización do CAT no 3º trimestre de 2020, podemos decir que o acordo de 23-5-2018 estase a cumprir a machada.
SPJ-USO impulsou e segue impulsando o cumprimento íntegro do Acordo. Xa se viron os seus froitos, pero seguiranse vendo no 2020 e posteriores, asumindo a responsabilidade de ser o sindicato amplamente maioritario en Galicia.
SPJ-USO CUMPRIU, CUMPRE, E SEGUIRÁ CUMPRINDO COS TRABALLADOR@S DA XUSTIZA GALEGA


















