SPJ-USO GALICIA NAS MOBILIZACIÓNS FRONTE Ó MINISTERIO DE XUSTIZA EN MADRID

No día de hoxe, 12/04/2023, os delegados e delegadas de SPJ-USO Galicia participaron nas mobilizacións convocadas fronte ao Ministerio de Xustiza en Madrid co fin de lograr unha subida retributiva digna para todos os traballadores e traballadoras da xustiza, a paralización da implantanción da nova oficina Xudicial así coma un recoñocemento expreso das nosas funcións.

Pese as protestas a Ministra de Xustiza non foi quen de recibir os representantes dos traballadores a escoitar as súas reinvindicacións e limitouse a enviar o encargado de prensa a tomar nota, o que demostra o talante do Ministerio a hora de negociar.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.