SPJ-USO DENUNCIA A GRAVE SITUACIÓN DOS XULGADOS DE VIGO POLA FALTA DE ASEOS OPERATIVOS

SPJ-USO denuncia a grave situación dos xulgados de Vigo pola falta de aseos operativos

 

Desde o pasado 22 de xullo, os baños destinados ao persoal funcionario entre as plantas 18 e 4 do Tribunal de Instancia de Vigo permanecen totalmente inoperativos por unha avaría grave. Esta situación obriga ao persoal a desprazarse a outras plantas, interrompendo continuamente a súa xornada laboral e soportando esperas para poder utilizar un servizo hixiénico básico.
     SPJ-USO presentou unha queixa formal e denuncia por risco laboral, lembrando que esta situación vulnera a normativa de prevención de riscos laborais e as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

 Esiximos:

   –   A reparación inmediata da avaría nun prazo máximo de 24 horas.
 – A intervención urxente da Dirección Xeral e do Servizo de Prevención de Riscos para avaliar a situación e adoptar medidas provisionais mentres non se resolva definitivamente.

 De persistir esta situación, SPJ-USO trasladará a denuncia á Inspección de Traballo e Seguridade Social por vulneración grave da normativa en materia de saúde laboral

 SPJ-USO seguirá defendendo unhas condicións de traballo dignas para todo o persoal da Administración de Xustiza

ACCEDE O ESCRITO PRESENTADO  DA DENUNCIA ANTE A DXX E PREVENCIÓN DE RISCOS.

QUEIXA DENUNCIA  XULGADOS VIGO (1)

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.