PUBLICADO NO DOGA O CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA 2023

ℹ️➡️ DECRETO 139/2022, do 21 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2023.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220805/AnuncioG0656-010822-0001_gl.html

🔴 O 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día de Galicia, serán os festivos autonómicos en 2023.

O calendario laboral debe incluír cada ano 14 festivos remunerados e non recuperables. Destes, dous son elixidos por cada concello. Dos doce restantes, nove son fixados a nivel nacional e non se poden modificar salvo que caian en domingo, como pasa en 2023 coc1 de xaneiro.
🔴 1 de xaneiro (Aninovo) – domingo *⃣ polo que pasa ó 17 de maio, Día das Letras Galegas.
🔴 Venres Santo (que no 2023 será o 7 de abril)
🔴 1 de maio (Día do Traballo)
🔴 15 de agosto (Asunción)
🔴 12 de outubro (Festa Nacional)
🔴 1 de novembro (Todos os Santos)
🔴 6 de decembro (Constitución)
🔴 8 de decembro (Inmaculada Concepción)
🔴 25 de decembro (Nadal)

*⃣ Destes, o ano que vén só o día de Aninovo coincide en domingo, polo que a Xunta decidiu pasar ese festivo ao: 🔴 17 de maio, Día das Letras Galegas.

👉 Logo hai outro grupo de tres festivos nacionais pero que son opcionais, de forma que as comunidades poden substituílos se o desexan:
🔴 6 de xaneiro – Reis, e o 🔴 Xoves Santo, que o ano que vén cae o 6 de abril, dúas datas que en Galicia sempre aparecen marcadas en vermello no calendario.
O terceiro pódese escoller entre o 19 de marzo, San José, e o 25 de xullo, dos cales a Xunta sempre prioriza o 🔴 25 de xullo por ser o Día de Galicia, o que se volverá a repetir no 2023.

👉 O 24 de xuño, San Xoan, non será festivo en toda Galicia, como si o foi este ano; eso si, en 2023 é sábado.

👉 Tras fixar a Xunta o marco xeral para toda Galicia, agora é a quenda dos concellos, que deberán elixir dous festivos locais.

▪️ Accede ó DOGA: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220805/AnuncioG0656-010822-0001_gl.html

Los comentarios están cerrados.