No DOG do día de hoxe publícase ORDE do 24 de marzo de 2025 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de secretario/a fiscal xefe provincial.
Accede á resolución publicada no DOG
- As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- Prazo para presentar as solicitudes 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- No Anexo I, da Orde, recóllese o seguinte:
Denominación do posto: Secretario/a fiscal xefe provincial.
Código: PR.C99.10.006.32001.003.
Corpo ou escala: A1 (xeral)/TPA (tramitador procesual e administrativo).
Grupo/subgrupo: C1, C2.
Nivel: 20.
Tipo de adscrición: A13: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza.
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Ourense).
Localidade: Ourense.


















