CONVOCATORIA DAS NOVAS BOLSAS DE INTERINOS DE XUSTIZA 2026.
O DOG de 28/04/2026 publicou a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Lembremos que tanto a orde de interinos coma esta convocatoria NON FORON NEGOCIADAS coas OOSS.
PRAZO DE SOLICITUDES DE 15 DIAS HÁBILES – ATA O 20 DE MAIO INCLUSIVE!!!
👉 Accede á Convocatoria Bolsas de Interin@s Xustiza 2026
👉 Accede á CIRCULAR/RESUMO da NOVA BOLSA DE INTERINOS 2026 elaborada por SPJ-USO
👉 Accede á ORDE INTERINOS de 6 de marzo de 2026
Esta convocatoria regúlase polo establecido na Orde de 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia,
BOLSAS DE TRABALLO PROVINCIAIS: Formarase unha ÚNICA bolsa de ámbito provincial para cada un dos corpos de persoal funcionario indicados no artigo primeiro da presente resolución, cuxos integrantes estarán distribuídos, de conformidade coas zonas de preferencia sinaladas na correspondente solicitude. Cada bolsa estará integrada polas persoas seleccionadas, ordenadas nunha listaxe en función da puntuación que obtivesen na valoración dos méritos. A DXX eliminou unilateralmente as prazas reservadas para o “cupo de discapacidade”.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES: Os xerais do artigo 3 da convocatoria.
PRAZO DE SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES desde o seguinte a publicación : DO 29 DE ABRIL Ó 20 DE MAIO DE 2026
SOLICITUDES: (Art. 4): As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible desde a páxina web da Consellería competente en materia de xustiza.
Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dunha/dun usuaria/o rexistrada/o na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro que se considere válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).
PAGO DE TAXAS: As persoas solicitantes deberán pagar a taxa (18.40 €) que estea vixente no momento de presentar a solicitude que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala no artigo 4 parágrafo 6 da convocatoria. Este pago farase de forma electrónica desde a aplicación OPAX.
IMPORTANTE: Todas as persoas aspirantes a formar parte das bolsas de interinos deberán presentar a correspondente solicitude con indicación dos corpos a que queiran optar, con independencia de que formen parte de bolsas anteriores ou de que estean prestando servizos nos órganos da Administración de xustiza de Galicia. En caso contrario, non serán incluídas de oficio pola Administración nas novas bolsas.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR: Artigo 5 da convocatoria. Deberá presentarse electrónicamente e sempre en formato pdf.
VALORACIÓN DE MÉRITOS: Os reflexados no art. 8 da Orde de interinos de 6 de marzo 2026. (Só se valorarán méritos que se posúan na data de publicación da convocatoria)
Para calquer dúbida ou aclaración, non dubides en contactar cos delegado/as de SPJ-USO.




















