DESPREGAMENTO DO NOVO SISTEMA PROCESUAL ATENEA EN GALICIA

ATENEA substituirá progresivamente a Minerva na Administración de Xustiza de Galicia. Desde SPJ-USO trasladámosvos as principais novidades, o calendario de implantación e os aspectos máis relevantes deste proceso.

           PRINCIPAIS NOVAS TÉCNICAS E OPERATIVAS:
☑️ Nova interface e editor: cambio xeral na usabilidade do sistema e incorporación dun novo editor de documentos.
☑️ Axenda de sinalamentos: xestionarase fóra de ATENEA mediante un módulo específico.
☑️ Xestión de resolucións: poderanse anular resolucións asinadas mentres non sexan firmes, evitando ter que solicitar ao soporte técnico que as devolva a borrador.
☑️Equipos de traballo: os equipos creados en Minerva non se migrarán automaticamente, pero poderán clonarse dentro de ATENEA.
☑️ Configuración do posto: a unidade de cartafoles compartidos cambia a :\\X.

             CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN POR SEDES:
🔹 Ourense: 5 de outubro de 2026.
🔹 Ferrol: 13 de outubro de 2026.
🔹 Santiago: 19 de outubro de 2026.
🔹 A Coruña: 26 de outubro de 2026.
🔹 Pontevedra: 2 de novembro de 2026.
🔹 Vigo: 9 de novembro de 2026.
🔹 Lugo: 16 de novembro de 2026.

                                         DATAS LÍMITE:
🔴05/12/2026: despregamento completo en todos os partidos xudiciais.
🔴 01/01/2027: apagado xeral de Minerva e implantación do contador único por sección.
🔴 28/02/2027: apagado definitivo de Minerva SCACE.

Establécese un período de convivencia entre Minerva e ATENEA de 1 mes tras a implantación en cada servizo ou órgano

                       PLAN DE FORMACIÓN POR PERFÍS:
☑️ Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio: 5 itinerarios formativos, cunha duración de entre 4 e 12 horas*
☑️ LAX: 4 itinerarios formativos, cunha duración de entre 7 e 15 horas.
☑️ Carreira Xudicial: itinerario único de 3 horas.

MODALIDADE DA FORMACIÓN:

Segundo a información trasladada a formación de ATENEA combinará as modalidades telemática e presencial.

🔹Ata o 31 de decembro de 2026: a formación realizarase de xeito telemático (agás pilotos)

🔹 A partir desa data: impartirase formación presencial alí onde resulte necesario segundo as necesidades detectadas e o criterio dos responsables da formación de AMTEGA.

Desde SPJ-USO seguimos esixindo unha FORMACIÓN REAL, PRESENCIAL e EFECTIVA do proceso de implantación de ATENEA e as súas repercusións no traballo diario dos funcionari@s da Administración de Xustiza.

Para calquera consulta ou incidencia técnica durante o despregamento, contacta cos teus delegados e delegadas de SPJ-USO.

Accede aquí o escrito presentado anteriormente por SPJ-USO:

SPJ-USO-ESCRITO-SOLICITANDO-FORMACION-SOBRE-ATENEA_signed

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.