
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES FINALIZA O PRÓXIMO 17 DE XUÑO
Accede ó DOG: CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2021 – PROGRAMA DE DISCAPACIDADE
⭕ Poden solicitar acción social:
Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.
⭕ Tamén poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) Os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.
⭕ Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. (O prazo finaliza o próximo 17 de xuño)
⭕ Solicitude e formas de presentación:
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.
Accede ao arquivo PDF: ⤵⤵


















