MOI IMPORTANTE. Publicada na Intranet e na páxina web da Consellería a convocatoria do proceso de reordenación e reasignación forzosa de efectivos dentro do proceso de reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase I, Xulgados Mixtos dos Pobos.
ACCEDE A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
MODELO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE ANEXO II
REORDENACIÓN E REASIGNACIÓN FORZOSA – FASE I – CIRCULAR
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
- O prazo sera de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
- As solicitudes serán telemáticas e deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal), mediante o modelo solicitude xenérica co código PR04A xuntando o modelo do Anexo II onde deberá indicar as súas preferencias para a fase de reordenación de efectivos e para a de reasignación forzosa.
- IMPORTANTE: As duas Fases (Reordenación e Reasignación Forzosa) convócanse simultaneamente, polo tanto no modelo de Presentación da Solicitude Anexo II débense indicar igualmente as súas preferencias nas duas Fases.
-
Para calquera dúbida, as persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do correo electrónico:
PERSOAS SOLICITANTES:
- Soamente poderán presentar solicitudes as persoas funcionarias que non foran confirmadas previamente e que teñan destino definitivo ou reserva de posto nas unidades afectadas pola implantacion da Fase I da localidade para a que se convocan os postos recollidos no anexo I.
- Non poderán presentar solicitudes as persoas en adscrición provisional e as persoas en situación de excedencia sen reserva de posto.
FASES DO PROCESO:
O proceso se estrutura en dúas fases: a fase de reordenación de efectivos e fase de reasignación forzosa que se convocan simultaneamente.
Se resolvera en primeiro lugar a reordenación e en segundo lugar a reasignación forzosa conforme se detalla a continuación:
A) Fase de reordenación de efectivos
O persoal funcionario deberá indicar obrigatoriamente, seguindo o Modelo do Anexo II, unha das seguintes opcións:
- Que non solicita ningun posto na fase de reordenacion. Neste caso adxudicaráselle un posto na fase de reasignacion forzosa.
- Que solicita postos na fase de reordenación, indicando a orde de preferencia dos postos solicitados. Pode solicitar un ou varios postos. No caso de que seguindo os criterios de adxudicación non lle corresponda ningún dos postos solicitados, adxudicaráselle un posto na fase de reasignación forzosa.
Os postos se adxudicaran, no caso de haber varias persoas interesadas, seguindo a orde de preferencia das persoas solicitantes tendo en conta a maior antiguidade no centro de destino, e en caso de empate a antiguidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.
O posto de traballo ao que se acceda a través de reordenación terá carácter definitivo, iniciándose o computo do tempo minimo de permanencia para poder concursar desde a data da resolución pola que se accedeu por primeira vez con caracter definitivo ao centro de destino do que procedían se se trata de funcionarios de novo ingreso, ou desde a data da resolucion de convocatoria, conforme ao disposto no artigo 46.1 do RD 1451/2005, do 7 de decembro.
B) Fase de reasignación forzosa
- Ás persoas que non resulten adxudicatarias dun posto na fase anterior adxudicaráselles un posto por reasignación forzosa, non cuberto despois de resolver a fase de reordenación.
- Todas as persoas deberan indicar obrigatoriamente, seguindo o modelo do anexo II, os postos que solicitan na fase de reasignación forzosa, indicando a orde de preferencia dos postos solicitados. De non cubrir este apartado, adxudicaráselle un posto non cuberto despois de realizar as adxudicacións ao resto do persoal participante.
- As persoas que participen na fase de reordenación de efectivos deben indicar igualmente as súas preferencias na fase de reasignación forzosa que serán tidas en conta no caso de que non se lle adxudique un posto na dita fase. De non cubrir este apartado, adxudicaráselle un posto non cuberto despois de realizar as adxudicacións ao resto do persoal participante.
Os postos se adxudicarán tendo en conta a menor antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.
A adscrición ao posto de traballo adxudicado terá carácter obrigatorio e definitivo. O persoal funcionario afectado por unha reasignación forzosa estará exento da obrigación de permanencia mínima no posto de traballo sinalada no artigo 46.1 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro, gozando de preferencia para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenericos en que se oferten prazas no dito centro.


















