PROXECTO DE RESOLUCIÓN POLA QUE SE MODIFICA A RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLOS NAS FISCALIAS

Resultado de imagen de acuerdo spj uso

No día de hoxe, remítese pola DXX:

Proxecto da Resolución pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais de Galicia, conforme ó acordado na Comisión de seguemento do acordo firmado por SPJ-USO

Tras os trámites administrativos correspondentes, publicamos a  Resolución pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

A modificación consiste na creación de 7 prazas e a regularización dunha praza de xestión  derivada da reasignación forzosa levada a cabo durante o proceso de implantación da nova oficina fiscal en Pontevedra.

Así mesmo, actualízanse as contías do complemento específico e do complemento xeral do posto conforme ás retribucións actualmente vixentes.

Unha vez publicada a RPT, poderase convocar a provisión das 7 novas prazas creadas.

Adxúntase pdf coa proposta de modificación.

Proxecto_modificacion_RPT_NOF

Manterémosvos puntualmente informados!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.