A DXX acaba de remitirnos a versión definitiva do Programa anual de vacacións do ano 2025 tendo en conta as alegacións presentadas, que se publicou tamén na intranet de Xustiza.
ACCEDE Á RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL
Accede á ciurcular/resumo progama anual Vacacións 2025 – SPJ-USO
🔴 Respecto do borrador anterior destacar o seguinte
☑ O plan de vacacións refírese aos seguintes períodos:
• TEMPADA “A”:
👉 Estival: Do 1.07.2025 ata o 30.09.2025 e
👉 Nadal: Entre o 22/12/2025 e o 11/01/2026.
• TEMPADA “B”: Resto do ano non comprendido na tempada A.
☑ SOLICITUDES:
- Para vacacións durante a tempada “A”: As vacacións de verán solicitaranse ata o 6.06.2025 e as de Nadal ata o 15 de decembro.
- Para vacacións durante a tempada “B”: Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.
☑ PORCENTAXES DE PERMANENCIA DE PERSOAL FUNCIONARIO NA UNIDADE SEGUNDO OS TIPOS DE CENTRO DE TRABALLO
Durante a tempada “A” deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%.
Durante a tempada “B” non se establecen porcentaxes de permanencia, estando suxeitos ao que establece con carácter xeral a regulación sobre permisos, vacacións e licenzas vixente.
|
BAREMO |
Aplícase unicamente en caso de concorrencia temporal e a pedimento do interesado:
En caso de concorrencia co permiso de asuntos particulares, terá sempre preferencia o gozo das vacacións. |


















