Archivo diario: 30/10/2026

O CAOS NA IMPLANTACIÓN DE ATENEA NON SE PODE PERMITIR!!! BASTA XA!!!

SPJ-USO ven de DENUNCIAR unha vez mais a DESINFORMACIÓN, A FALTA DE INTERESE DA DXX, e o CAOS NA IMPLANTACIÓN DE ATENEA.

ESIXIMOS por escrito, como sindicato maioritario, e como  representantes dos traballadores, información clara sobre a implantación.

A DXX non mantivo nin unha sola reunión sobre un tema tan importante como un novo sistema informático na administración de Xustiza cos representantes dos traballadores.

As organizacións sindicais pedimos FORMACIÓN PRESENCIAL E PREVIA, e a DXX rise dos traballadores e nin os informa a través dos seus lexítimos representantes. BASTA XA!!!

Tralas experiencias de Ourense, Ferrol, Santiago e A Coruña, toca o turno á Provincia de Pontevedra a partir do 🗓️ 2/11 en Pontevedra e pobos e do 🗓️ 9/11 en Vigo e na Audiencia Provincial; a partir do 🗓️ 16/11 Lugo.  As anteriores datas agora parece que  tampouco están claras, e dende dSPJ-USO esiximos unha confirmación por escrito  das datas de  implantación en  cada cidade, en cada pobo, e en  cada Servizo.

E visto o acontecido, con mais razón aínda, SPJ-USO segue a ESIXIR a formación presencial e a DENUNCIAR A FALTA DE PREVISIÓN E DE SERIEDADE DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA. 

A modernización non pode facerse á conta do persoal!!!

Basta xa de IMPOSICIÓNS!!!

⚖️ AUXILIO XUDICIAL – PROCESO DE ESTABILIZACIÓN JUS/1327/2022 – ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PARA REPESCADOS NOS ÁMBITOS DE CATALUÑA, CANARIAS E NAVARRA

BOE de hoxe, 30 de outubro de 2026, publica as resolucións polas que se outorga destino ao persoal funcionario do Corpo de Auxilio Xudicial que superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso-oposición, quenda libre, convocado pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro

ℹ️➡️ Os funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial destinados  deberán tomar posesión do seu  cargo dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde  o dia seguinte a publicacion no Boe.

📌 OS TERRITORIOS NOS QUE SE PUBLICAN AS ADXUDICACIÓNS SON:

◾CATALUÑA: 
◾CANARIAS: 
◾NAVARRA: