
1–Un compañeiro interino que este de baixa,unha vez que se reincorpore non cesará por o cómputo dos 18 meses, si non que cesará quen o sustituiu o mesmo criterio para compañeiras con risco de embarazo ou maternidade. Petición spj uso primeiro sindicato en falar na mesa.
2–As persoas solicitantes que, durante o prazo de presentación de solicitudes, acrediten que aprobaran todos os exercicios de calquera das oposicións realizadas ao corpo ao que se opta desde a última convocatoria das bolsas, terán dereito a ser incorporadas directamente á correspondente bolsa de traballo ,petición spj-uso , algún sindicato mesmo prefire non meter aos compañeiros que aproben a oposición é queden sen praza ata apertura da nova bolsa ……….non queren primar a xente que estuda os temas…….
Superación de exercicios das últimas oposicións realizadas para o corpo a que se opta, puntuación máxima de 23 puntos
3–Antiguedade; seguimos pedindo e aínda agora con mais motivo que se computen dende o ano 1992, tendo en conta que ao subirse a puntuación máxima, non hai marxe para poder completar os 30 puntos , que veñen a ser 10 anos enteiros traballados como interino. Por outra banda entendemos que esta é unha proposta secundada pola maioría dos sindicatos, polo que debería ser atendida.
Puntuación máxima desta epígrafe: 30 puntos
4– O compañeiro interino pasara ao final da bolsa ó cumprir 360 DÍAS agora 180 días, debido a que a maioría dos compañeiros interinos, consideran máis adecuado poder cobrar o paro 4 meses aínda que tarden un pouco máis en rotar na bolsa, petición expresa de spj-uso como primeiro sindicato.
5–Cursos de formación, “sexa obrigatorio unicamente para os integrantes das bolsas que non teñan completados polo menos seis meses de servizos efectivos nos últimos cinco anos”. Petición expresa de spj-uso
6–Eliminase, todo o referente a faltas e sancións non contempladas e reguladas no Réxime Disciplinario dos funcionarios da administración de xustiza. Petición spj -uso
7–Disposición transitoria, que ven a aceptar unha proposta presentada `por spj-uso, no sentido de que o interino que cese por períodos traballados na anterior bolsa , pase a ocupar o posto que lle corresponda na nova bolsa da cordo coa súa nova puntuación, en vez de pasar o final da lista que é o que puña o primeiro borrador de negociación desta orde. Con isto entre outras cousas pretendemos evitar a picaresca que se deu no tránsito da anterior orde á actual, nos que se deron casos de interinos que cesaban intencionadamente ou non aceptaban postos para evitar pasar o final da bolsa respectiva. Petición spj-uso en exclusividade
8–Conseguimos que se compensara a puntuación en dereito e diplomatura 4 é 2 puntos, non como antes 7 é 3 petición spj uso
9–Do mesmo xeito que se valora a lingua autonómica dun modo razoadamente coherente, debido a que podíamos correr o risco de que esta resolución puidera ser recorrida por calquera persoa que non tivera os cursos de galego, é puidera sentirse discriminada por razón de lingua
Coñecemento da lingua galega:
– Certificado Celga 4 ou equivalente: 2 punto.
– Curso de linguaxe xurídica de nivel medio: 4 puntos.
– Curso de linguaxe xurídica superior: 6 puntos.
Puntuación máxima desta epígrafe: 6 puntos.
10–Reforzos “En ningún caso a duración do reforzo, incluídas as posibles prórrogas, poderá superar o prazo de 3 anos.”
11–Estamos en contra da nova valoración de informática, deixando de puntuar nese apartado , os cursos de informática non académicos,
Puntuación máxima desta epígrafe: 1 punto.
12–Cursos de formación continua relacionados coa Administración de xustiza: 0,010 puntos por hora lectiva.
Puntuación máxima: 4 puntos.
13–Os cursos de formación , non poden ser só validos os dos últimos 5 anos, xa que sería ilegal tal medida, debido a que se fixemos un curso por exemplo fai 10 anos e a norma legal que o regulaba segue vixente, o curso ten que ser validado. Polo que solicitamos que se acepten tódolos cursos que teñan vixencia normativa independentemente da súa antigüidade.
14– Seguimos opoñéndonos á vinculación dos cesamentos a un posto determinado dependendo de que nese posto haxa ou non rpt. Solicitamos por tanto que mentres non se implante a nova oficina xudicial en toda Galicia ( se é que algunha vez se fai), se manteña o sistema de ceses da orixinaria orde de interinos do ano 2013. De levarse a cabo o sistema no borrador proposto pola administración vanse dar situacións verdadeiramente esperpénticas, é creándose unha gran inseguridade xurídica.
15– Solicitamos , que calquera compañeiro interino poida escoller , se cobrar as vacacións unha vez cesado, ou pola contra poder acumulalas , ao seguinte período traballado, dentro do mesmo ano., para poder gozalas ata o 31 de xaneiro do ano seguinte, igual que os titulares.
16–Pedimos que se retire a expresión “Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes. Art 12 punto 6 referímonos a cando se esta baremado en mais dunha bolsa,é dan un prazo para escoller en cal queremos quedar , entendemos que se debe substituír a expresión discriminatoria e eliminatoria, por “colocarase na que mellor posición teña” Recordemos que algún sindicato pediu todo o contrario, que o eliminen ou ben o coloquen no peor……
Artigo 3. Definicións
Para os efectos do disposto nesta orde, entenderase por:
- a) Bolsa de traballo: lista ordenada de candidatos seleccionados para seren designados funcionarios interinos, ordenados en función da puntuación obtida na valoración de méritos.
Bolsa de reserva: lista ordenada de candidatos non seleccionados nas bolsas de traballo, que poderán ser nomeadas persoal funcionario interino de se esgotar a bolsa de traballo
18–Algún sindicato publica que desaparece a bolsa de reserva “MENTIRA”ver artigo anterior
SEGUIREMOS RECLAMANDO A MELLORA DOS ARTIGOS QUE NON SE MODIFICARÓN, E DEFENDENDO OS INTERESES DA MAIORIA DOS TRABALLADORES.
SPJ-USO SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA
FEITOS NON PALABRAS


















