PRIMEIRA QUINCENA DE DECEMBRO – CALENDARIO DE FORMACIÓN SOBRE O EXE

Comunícase o calendario coas datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de decembro dentro do plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas

Para poder completar o proceso de automatriculación, terás que introducir unha chave que recibirá previamente o órgano mediante correo electrónico . Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. A continuación atoparás unha táboa cos contidos do Plan de Reforzo en liña.

Ademais, continúan dispoñibles as pílulas formativas en liña de acceso aberto, que che solucionarán as dúbidas relacionadas coas funcións que desempeñas no día a día no teu posto de traballo.

Está dispoñible na Plataforma de Teleformación de Xustiza o Plan de Reforzo AXE, versión en liña, que complementa a formación que se está a impartir de xeito presencial. Poderás matricularte na dita actividade tendo en conta a data asignada ao teu órgano:

Los comentarios están cerrados.