PLAN DE RECUPERACIÓN DO TRABALLO POR MOR DA FOLGA

Resultado de imagen de verdades

Trala información unha vez mais demagóxica, electoralista e populista difundida polo pseudosindicato Stajjj referente ós pláns de recuperación aclaramos:

1.- Staj non está na comisión de seguimento do acordo firmado, nin se lle espera, estivo agochado na crítica e no insulto, e no canto de traballar, adicouse a poñer paus nas rodas, e agora adícanse a chamar á DXX a ver se conseguen algunha información sobre como está a negociación dos plans.

2.- SPJ-USO está presente na comisión de seguemento do acordo, e no canto de adicarse a cacarear como outros, está traballando na comisión de seguemento para conseguir uns plans o mais axeitados, xustos e bos posibles para todos ou a maior parte dos funcionarios da xustiza galega.

3.- SPJ-USO xa vos ten informado que os plans de actuación continuarán, e en canto teñamos unha información definitiva ó respeto, farémosvola chegar, non informándose de todas e cada unha das reunións da comisión de seguimento para evitar mais paus nas rodas por parte dalgúns.

4.- Manterémosvos puntualmente informados, e SEGUIREMOS TRABALLANDO para conseguir os mellores plans posibles para todos vós.

Los comentarios están cerrados.