
O Ministerio de Xustiza infórmanos de que se paralíza, ata nova orde, a publicación no BOE e nos boletíns das comunidades autónomas transferidas, da adxudicación de destinos e o nomeamento de funcionarios de tramitación, quenda promoción interna, nas oposicións convocadas por orde jus/404/2019, do 21 de marzo.
👉 Cada comunidade autónoma con competencias transferidas comunicará ao seu boletín a paralización da súa publicación.
👉 Produciuse unha incidencia na relación de aprobados do devandito corpo polo que, ata que se solucione a mesma, non será posible publicar nin os nomeamentos nin a adxudicación de destinos.
Comunicarase oportunamente a nova data.
⭕ Esta problemática non afecta as resolucións de adxudicación de destinos de ningunha comunidade autónoma transferida. Só afecta ao ámbito do Ministerio de Xustiza.


















