OEP 2016. RETRASO DA CONVOCATORIA
O Ministerio de Xustiza ven de comunicarnos , (fronte a previsión inicial de convocar a Promoción interna 2016 neste mes de xullo) que esta será no mes de SETEMBRO.
O Ministerio tamén ten intención de convocar o turno de Xestion e Tramitacion no mes de setembro, e Auxilio en outubro. As ditas convocatorias tamén se pderian retrasar.
A OPE 2016 sera OPOSICIÓN LIBRE (na quenda libre), sendo a promoción interna coma sempre por CONCURSO OPOSICIÓN.
OPE 2017
O Ministerio non empezará a traballar sobre a OPE 2017 ata decembro de 2017 ou xaneiro 2018.
O total de prazas que se ofertarán ascenderÍan á suma das prazas que corresponden a tasa de reposición mais as do porceso de estabilización , conforme vos temos informado.
O Ministerio confirma que o sistema de acceso na quenda libre será CONCURSO OPOSICIÓN.
Recordámosvos que o último ano que tivemos concurso oposición foi no ano 2008,tendo o aspirante primeiro que superar a fase de oposición, e logo a fase de concurso estando pendientes de negociar os detalles desta convocatoria.
OEP 2018
O Ministerio manifesta que ten intención de convocar para 2018 unhas 3000 prazas, continuando coa reducción da tasa de temporalidade, , e ata baixar os porcentaxes de interinos un 8% .
SPJ.USO seguirá a solicitar o Ministerio una verdadeira carreira profesional en xustiza empezando pola recuperación inmediata do 50% de prazas para promoción interna, (actualidade 30%).
Igualmente solicitamos a convocatoria extraordinaria de promoción interna con independencia da OEP conforme prevé a LOPX.


















