O 25 DE OUTUBRO COMEZA UNHA NOVA CONVOCATORIA DA ACTIVIDADE “Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)”

Formación | O 25 de outubro comeza unha nova convocatoria da actividade “Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)” para as persoas que non puideron realizala nas anteriores edicións

O vindeiro martes 25 de outubro ábrese unha nova convocatoria da actividade Curso de Reforzo da AXE 2022 (en liña) na Plataforma de Teleformación de Xustiza, destinada a todas aquelas persoas que non puideron realizala na edición asignada ao seu órgano.

A actividade, que comeza o día 25/10/2022 en formato de automatrícula, terá unha duración de 17 días naturais. Para realizar o proceso de automatriculación será preciso introducir unha chave que se enviará mediante correo electrónico ao órgano o día anterior de que comece a actividade (24/10/2022). Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso.

Podes acceder ao curso e automatricularte, o martes 25 de outubro, a través desta ligazón.

https://formacion-xustiza.xunta.gal/

Los comentarios están cerrados.