NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES – 15/01/2026

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗 RESOLUCIÓN NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 15-01-2026

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (16, 19 e 20 de xaneiro).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución.

🔴 Accede á normativa 2025 que regula as substitucións: 🔗 https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/

⚫ PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:

☑️ En PRAZAS XENÉRICAS:

–  Corpo inferior e mesma unidade.

–  Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.

–  Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.

– Mesmo corpo e distinto centro destino.

– Corpo inferior e distinto centro destino.

☑️ PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)

–  Mesmo corpo e mesma unidade.

–  Corpo inferior e mesma unidade.

– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.

– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.

– Mesmo corpo, distinto centro de destino.

– Corpo inferior, distinto centro de destino.

En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.

☑️ NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:

– Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se  os hai, e a continuación os Auxilios do mesmo centro de  destino.

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

🔗 RESOLUCIÓN NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 15-01-2026

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.