NOVAS SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES.- 26.06.2025

SUBSTITUCIÓNS

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:6dfe9246-6f56-46fe-b071-eb05807a8357

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (27 e 30 de xuño e 1 de Xullo).

🔴 Modelo de solicitude:  IMPORTANTE!!!!!

📣📣 Solicitudes 1. Temporalmente non estará dispoñible a opción de solicitude a través da OPAX, polo tanto as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE: 

Anexo bis II Solicitude de SUBSTITUCIÓNS (1)

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.⤵️⤵️

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:6dfe9246-6f56-46fe-b071-eb05807a8357

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.