Aula telepresencial : Fluxo de notificación e uso de localizadores se a documentación anexa supera os límites en Minerva
LAX, xestores/as, tramitadores/as e auxilios
Ábrese o prazo de inscrición para participar na actividade «Notificacións a persoas obrigadas a recibir comunicacións electrónicas», dispoñible os días 9, 11, 16 e 18 de decembro. Nestas sesións repasaremos o fluxo de notificación ás persoas obrigadas a recibir comunicacións electrónicas e como usar os localizadores desde Visor-EXE cando se excede o límite de documentación anexa en Minerva.
Ademais, explicarase como o localizador xerado en Visor-EXE é unha funcionalidade de uso exclusivo para as notificacións enviadas a través do modo D da sede electrónica e revisarase un conxunto de boas prácticas para un uso correcto desta ferramenta.
Escolle a sesión que mellor se adapte á túa dispoñibilidade. A asistencia é moi recomendable para asegurar un manexo eficaz e seguro destas funcionalidades.
| organos | Data de capacitación | Quendas | Modalidade | Perfís destinatarios |
|---|---|---|---|---|
|
Todos |
09/12/2025 |
09:00 h – 10:00 h 10:15 h – 11:15 h 11:30 h – 12:30 h 12:45 h – 13:45 h |
En liña | LAX, xestores/as, tramitadores/as e auxilios |
| Todos |
11/12/2025 |
09:00 h – 10:00 h 10:15 h – 11:15 h 11:30 h – 12:30 h 12:45 h – 13:45 h |
En liña | LAX, xestores/as, tramitadores/as e auxilios |
| Todos | 16/12/2025 |
09:00 h – 10:00 h 10:15 h – 11:15 h 11:30 h – 12:30 h 12:45 h – 13:45 h |
En liña | LAX, xestores/as, tramitadores/as e auxilios |
| Todos | 18/12/2025 | 09:00 h – 10:00 h
10:15 h – 11:15 h 11:30 h – 12:30 h 12:45 h – 13:45 h |
En liña | LAX, xestores/as, tramitadores/as e auxilios |



















