VER NOTA INFORMATIVA O martes 18 de xullo celebrouse mesa técnica sobre COMISIÓNS DE SERVIZO na DXX. Debemos ter en conta que a normativa de base encóntrase principalmente no art. 527 LOPJ e 73 do noso regulamento.
| A medio de comisión de servizo poderíanse cubrir, ata a sua cobertura en concurso, as situacións seguintes: Falecemento, perda da condición de funcionario, servizos especiais, excedencias, suspensións de función e prazas de nova creación. |
SPJ-USO solicitou se engadisen expresamente as “vacantes por xubilación”, así como as liberación sindicais. A administración acolleu a nosa solicitude primeira, e tomou nota da segunda, que será estudiada.
| As Comisións están abertas a todo o territorio nacional para funcionarios do mesmo corpo ó que se opta, e enmendan “en parte” as graves carencias da regulación das substitucións (que seguirán en vigor para cobertura de baixas e ausencias por permisos ou licencias e outras de longa duración; ausencias por comisión de servizos e outras situacións). |
SPJ-USO esixe se nos convoque á maior brevidade posible para negociar a regulación da orde de substitucións e quendas.
| PROPOSTA DA ADMINISTRACIÓN | POSTURA DEFENDIDA POR SPJ-USO |
| Requisitos do solicitante: Servizo activo e seis meses de desempeño efectivo no posto dende o que se participa. | Eliminación do dito período de 6 meses de desempeño efectivo. |
| Preferencia: A administración propón que teñan preferencia os solicitantes vítimas de violencia de xénero, acoso laboral ou situacións graves de saúde do solicitante, cónxuxe ou fillo a cargo. | SPJ-USO esixe que se elimine da proposta este artigo, por considerar que sería unha maneira de facilitar o “mamoneo e o amiguismo” na administración, ademáis de estar xa legalmente reguladas na normativa. |
| BAREMO: A administración propón que o criterio de adxudicación sexa:
1º o nivel de galego 2º o posto no escalafón |
SPJ-USO esixe que a baremación sexa exactamente a mesma que nun concurso de traslados: Antiguidade (2 puntos por ano) mais galego (4-8-12 puntos). |
| Duración: 1 ano prorrogable por outro | Solicitamos que se excepcionen as situacións con reserva de praza (servizos especiais, etc). |
| Renuncias: Propoñen penalizar as renuncias coa imposibilidade de acceder aunha nova comisión durante un ano. | Solicitamos que se penalicen só as renuncias “antes de transcurridos 6 meses de desempeño”, e coa imposibilidade de acceder a unha nova comisión durante 6 meses. |
| SPJ-USO esixiu que as prazas desocupadas por estar o seu titular en Comisión de Servizo sexan ofrecidas a modo de substitución entre titulares, ó que accedeu a DXX. | |
A administración contestará por escrito ás alegacións sindicais, e a negociación continuará en setembro.


















