
Resoltos os problemas na visualización das marcaxes en KRONOS/OPAX.
Debido a problemas técnicos non se visualizaron as marcaxes realizadas en Kronos a partir do día 19 de setembro no menú de control horario da OPAX.
O dito problema influía tamén na visualización do saldo do mes actual.
Hoxe, quedaron solucionadas as incidencias e xa se poden visualizar correctamente tanto as marcaxes coma o saldo mensual.


















