
Resolución do 3 de marzo de 2026, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas para a provisión, polo sistema de concurso específico, para a provisión dun posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa, convocado pola Resolución do 21 de xaneiro de 2026.
En cumprimento do disposto na base sexta da Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan para a provisión, polo sistema de concurso específico, postos do corpo de xestión procesual e administrativa, a Comisión de Valoración
RESOLVE:
1.- Aprobar e facer públicos os criterios de valoración dos méritos específicos (anexo I).
2.- Aprobar a adxudicación provisional dos postos convocados (anexo II).
3.- Aprobar a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas (anexo III).
4.- Acordar a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería.
As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. As alegacións irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A
CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS MÉRITOS ESPECÍFICO E LISTAXE DE ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS


















