INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL.- RESOLVE A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN

No DOGA e no BOE DE HOXE PUBLICASE A RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 1 de setembro de 2021.

Mediante a Resolución do 1 de setembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 178, do 15 de setembro, e mais no Boletín Oficial del Estado número 221 na mesma data, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, e de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.


Ver resolucion👇

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211102/AnuncioG0595-281021-0001_gl.html

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.