IMPORTANTE: COMUNICACIÓN DA DXX SOBRE O TELETRABALLO

Acaban de remitirmos comunicación referente ao teletraballo indicando o seguinte sobre esta modalidade:

  • Deberán acudir a cada centro de traballo o 100% dos efectivos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses, sen prexuízo das licencias e permisos correspondentes, non sendo posible exercer a modalidade de teletraballo en tanto non se aprobe a súa regulación específica no ámbito da Administración de xustiza.
  • Esta medida debe facerse efectiva con carácter inmediato, e en todo caso a partirdo martes 31 de outubro de 2023.
  • A atención presencial debe quedar garantida sempre e en todo caso durante o horario de audiencia pública, sen que poida restrinxirse a dita atención presencial aos supostos nos que se obtivera a cita previa. Sen prexuízo do anterior, poderán seguirse a utilizar os sistemas de cita previa de forma compatible coa atención presencial sen cita, sempre que isto redunde na mellor organización e xestión dasdemandas de atención ao público

Comunicacion-teletraballo-30-10-23_asinada

Comentarios cerrados.