«IMPORTANTE» CAMBIOS INFOREG….R. CIVIL

Resultado de imagen de R CIVILIMPORTANTE Desde fai uns días, desde o INFOREG xa se poden realizar certificacións desde calquer rexistro, principal ou de Xulgados de Paz, de calquera sección do rexistro. É dicir, desde o Rexistro Civil de Riós, pódese certificar unha defunción inscrita en Ourense, e viceversa, por suposto, sempre que esté dixitalizada ou xa en formato electrónico, polo que supón un avance importante, evitando desprazamentos de persoas e esperas innecesarias para obter certificacións de inscripcións feitas en rexistros civís distintos ó da residencia habitual.

Pero como sempre, todo ten un pero, e o de aquí é que non se poden facer certificacións do Rexistro Civil Central. Esperemos que isto se habilite pronto, toda vez que é no Rexistro Civil Central onde mais tardan en expedir certificacións, (da orde de tres meses mais ou menos) polo que, solicitaremos oportunamente que se habilite esta posibilidade que redundaría no beneficio do cidadán.

Esta maneira de certificar denomínase “CERTIFICACION DESLOCALIZADA”, e para acceder a ela debense dar os seguintes pasos:

Unha vez en INFOREG, imos á sección 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª (esta última só a teñen os rexistros principais), seguidamente imos a “CERTIFICACIÓNS”, e unha vez ahí, imos ó final de todo onde pon “DESLOCALIZADAS”, e ahí aparecenos un buscador como se fixeramos unha literal, seguimos os pasos habituales e xa temos a certificación lista para imprimir e entregar ó solicitante, que seguro que quedará agradecido de non ter que desprazarse ó lugar onde figura a inscrición ou esperar innecesariamente uns días a que lla manden ó seu domicilio.

Los comentarios están cerrados.