IMPORTANTE 28/7/26: PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAL INTERINO ADMITIDO E EXCLUÍDO DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL

IMPORTANTE 28/7/26: PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAL INTERINO ADMITIDO E EXCLUÍDO DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL

🔜🔜 ALEGACIÓNS: 10 DIAS HÁBILES.

ℹ️➡️ Trala correspondente valoración por parte da DXX, publicouse mediante resolución asinada electronicamente, no sitio web da Consellería  de Presidencia, Xustiza e Deportes (http://cpapx.xunta.gal) e mais na intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal/), a lista provisional de persoas admitidas, ordenadas alfabeticamente, e na que consta a puntuación detallada por cada un dos puntos dos méritos.

⚠️⚠️ No caso das persoas non admitidas, indícase, ademais, a causa de exclusión.

📣📣 No prazo de dez días hábiles a partir da súa publicación, as persoas solicitantes poderán presentar as alegacións que consideren pertinentes, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

👉👉 As devanditas alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática.

O prazo para presentar alegacións comprende do a  29.07.2026 ao 11.08.2026. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es

⚠️ Listas provisionales de personas admitidas:
Cuerpo auxilio judicial

Cuerpo de tramitación procesal y administrativa

Cuerpo de gestión procesal y administrativa

Listas provisionales de personas excluidas:

Cuerpo auxilio judicial

Cuerpo de tramitación procesal y administrativa

Cuerpo de gestión procesal y administrativa

🔴 As persoas non admitidas e que non emenden o defecto que motivou a súa exclusión teranse por desistidas na súa solicitude.

Listas resultantes.

Finalizado o prazo de presentación de alegacións, publicarase na forma e nos lugares establecidos no punto anterior a resolución coas listas resultantes por cada corpo e provincia ordenadas por puntuación, que aparecerá detallada por cada un dos puntos dos méritos.

✔️ Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na que desexe quedar.

✔️ Se non o fai, entenderase que  desiste de todas as súas solicitudes.

✔️ A elección deberá realizarse telematicamente no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes, a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberá presentarse de xeito electrónico a través da OPAX.

☑️ As persoas que unicamente solicitaran formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

Listas definitivas

Rematado o prazo para formular a elección prevista no punto anterior, a Dirección Xeral competente en materia de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais na intranet de Xustiza.

Entrada en vigor das listas.

As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

👉 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

▪️ _Amplía información:_ ⤵️

🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.