
Na intranet na SECCIÓN DE AVISOS publica hoxe, a apertura do prazo para inscribirse nas sesións de formación PRESENCIAIS que terán lugar o día 25 de outubro sobre a utilización de equipos de videoconferencia, destinadas a adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre o manexo do sistema de videoconferencia.
Estas xornadas son presenciais e haberá dúas sesións, ás 9:00 h e ás 12:30 h, en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
«publicado na intranet»
Sesión formativa presencial de 1,5 horas de duración, onde ampliarás os teus coñecementos sobre o sistema de videoconferencia e onde resolverás dúbidas sobre o seu manexo.
Esta sesión está dirixida ao persoal de oficinas xudiciales (Xulgados, Fiscalía e Imelga) que deba utilizar equipos de videoconferencias en salas de vistas ou espazos compartidos (sala de xuntas, bibliotecas, salas de exhortos).
Duración: 1h 30min
Consulta aquí os contidos da sesión
INSTRUCIÓNS para a inscrición:
- Realiza a túa preinscrición para a sesión á que queiras asistir. Por favor, elixe só unha sesión.
- Rechea o formulario de preinscrición e envíao. Sairá unha mensaxe que che indicará que a túa preinscrición foi realizada con éxito.
- Recibirás un correo electrónico confirmando a túa inscrición
LUGARES E SESIÓNS:
FERROL: FerrolVenres 25 de outubro. Sala nº 2 dos Xulgados de Ferrol ás 09:00h e ás 12:30h
LUGO :LugoVenres 25 de outubro. Sala dixital da Audiencia Provincial (sala xurado) ás 09:00h e ás 12:30h
OURENSE: OurenseVenres 25 de outubro. Sala nº 11-Planta 1 dos Xulgados de Ourense ás 09:00h e ás 12:30h


















