Feijóo inaugurará o novo edificio xudicial da Parda o 3 de setembro

Resultado de imagen de o novo edificio xudicial da parta inaugurase o proximo 3 de setembro

 

A Xunta debe realizar aínda o traslado de 110 funcionarios para pór en marcha a instalación, que se estreará con 15 xulgados. Os operarios ultiman os detalles das obras da Cidade da Xustiza de Pontevedra, que empezaron fai algo máis de tres anos.

O curso político en Pontevedra empezará coa inauguración de obras. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de cortar a simbólica cinta da Cidade da Xustiza, un proxecto que dotará de máis medios físicos ao sector xudicial. Farao o próximo 3 de setembro nun acto ao que se invitaron a representantes das denominadas forzas vivas da capital.

Os operarios ultiman os detalles do novo edificio xudicial da Parda, cuxas obras se iniciaron oficialmente en agosto de 2016. Aínda que a súa execución tiña que completarse nun prazo máximo de 21 meses, os atrasos marcaron a folla de ruta dos traballos, que acabaron durando algo máis de tres anos.

A apertura da instalación non será inmediata. O Goberno galego deberá realizar aínda o traslado dos 110 funcionarios que traballarán neste inmoble, en cuxo exterior destacan grandes cristaleiras. Esta operación podería desenvolverse a partir do mes que vén. A infraestrutura levántase sobre unha parcela de 37.000 metros cadrados, dos que 21.000 se corresponden co inmoble, que disporá de tres parques públicos na súa contorna.

A Cidade da Xustiza agrupará os xulgados que agora están repartidos en tres sedes distintas en Pontevedra. Aínda que ten capacidade para 28 unidades xudiciais, a Xunta estreará A Parda con 15 xulgados, que se corresponden coascatro salas do Social dúas do Mercantil da Audiencia Provincial, as tres do Contencioso-Administrativo da rúa Xermán Adrio e as seis unidades de Primeira Instancia situados na Parda.

A Fiscalía e os xulgados do Penal manteranse no vello edificio da Parda, que se uniu co novo a través dunha pasarela. A construción contará con oito alturas(dous sotos, un baixo e cinco plantas) e dous aparcadoiros con capacidade para 240 vehículos. Estas prazas reservaranse para o persoal.

Cada sala de vistas medirá 50 metros cadrados, un espazo que será máis amplo na que se destinará ao oficio de vodas civís. Ademais, o inmoble estará conectado co vello edificio da Parda mediante unha pasarela de 40 metros, contará con accesos independentes para os xuíces, moita luz natural e acabados en madeira.

O CUSTO

A Cidade da Xustiza de Pontevedra custará finalmente 18.688.670,86 euros, un 9% máis dos 16,9 millóns de euros nos que se adxudicaron as obras á empresa asturiana Coprosa. O motivo deste sobrecusto débese aos imprevistos técnicos da actuación, cuxa execución segue acumulando atrasos debido aos desniveis do terreo e á aparición de bloques de granito no subsolo.

orzamento global da actuación ascenderá a 21.283.473,06 euros, unha cifra na que se inclúe o custo da obra, as direccións, a redacción do proxecto, a coordinación de seguridade e saúde e a liquidación.

O proxecto da Parda xerou unha importante disputa entre a Xunta e o Concello a conta das expropiacións asumidas por esta última administración. A burocracia alargou o proceso de ocupación de terreos máis do debido.

noticia Diario de Pontevedra

Los comentarios están cerrados.