Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público. Para ilustrar estes conceptos, o curso empregará fundamentalmente exemplos vencellados ao sector público ou ás colaboracións público-privadas.
Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes públicos instrumentais; da Administración local; da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
- a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
- b) Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público pertencente a outras categorías.
Modalidade: teleformación.
Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2021.
Horas lectivas: 20.
Número de prazas: 50 prazas.
Inscrición: só poderá realizarse vía telemática accedendo á dirección https://egap.xunta.gal/matricula.
Prazo: desde as 8.00 horas do día de hoxe, 20 de outubro, ata as 23.55 horas do día 25 de outubro de 2021.



















