RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se convoca o Curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Requisitos do persoal participante
Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Solicitudes e prazos
O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 28 de agosto de 2025.
Amplía información aquí:
lhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250811/AnuncioO150-310725-0001_gl.html



















