No DOG de hoxe vense de convocar cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.
Requisitos das persoas participantes: estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Acceso ás actividades formativas: O acceso será a través da páxina web da EGAP: <https://egap.xunta.gal> . É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP.
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Duración: 3 horas
Datas: (5 edicións) 21 e 22 de outubro de 2025, 29 e 30 de outubro de 2025, 12 e 13 de novembro de 2025, 19 e 20 de novembro de 2025
Horario: das 8.30 ás 14.30 horas; Lugar de realización: Cidade da Xustiza de Vigo-Aula Informática
Accede ó contido da convocatoria no DOGA premendo no seguinte link:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250820/AnuncioO150-310725-0003_gl.html


















