EGAP – CONVOCADO CURSO SUPERIOR DE PROTECCIÓN DE DATOS

NO DOG DE HOXE, 26 DE AGOSTO, A EGAP CONVOCA O CURSO SUPERIOR DE PROTECCIÓN DE DATOS

⏺ O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías:

  • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
  •  Grupos I e II do persoal laboral.

🔴 No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.

🔴  Modalidade e datas: o curso desenvolverase na modalidade mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación, desde o luns 26 de setembro ata o luns 19 de decembro de 2022.

🔴 Lugar: EGAP

🔴 Duración:106 horas lectivas, distribuídas da seguinte forma:

  •  1 sesión presencial cunha duración de 3 horas

  • 10 sesións de telepresenza de 3 horas cada unha.

  • 72 horas de traballo de teleformación.

  • 1 hora como máximo para o exame final en liña.

🔴 As solicitudes O formulario de matrícula no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>desde as 8.00 horas do 29 de agosto ata as 23.55 horas do día 18 de setembro de 2022.

▶▶ Accede ao doga:⤵⤵⤵

https://dog/Publicados/proteccion_datos.pdf

 

Los comentarios están cerrados.