DOGA: Adxudicacións de destinos corpo de tramitación procesual e admtva. (quenda libre) Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

No DOG e no BOE de hoxe vense de publicarse a Resolución do 6 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Do mesmo modo, no BOE publícase a Orde PJC/239/2024, do 6 de marzo, pola que se nomea personal funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xusticia, polo sistema xeral de acceso libre, os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde JUS/1254/2022, de 7 de decembro.

Na devandita resolución da Dirección Xeral de Xustiza resolveuse adxudicar destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I aos/ás funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda libre) nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de tramitación procesual e administrativa pola Orde do 6 de marzo de 2024, tendo en conta o seguinte:

⚫Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza aos/ás que se lles outorga destino deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e mais no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

⚫Segundo. Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que son declarados/as en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza.

⚫Terceiro. En caso de que os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de tramitación procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio.

No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de xestión procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e o cesamento automático con data do día anterior a que se produza a toma de posesión no corpo de auxilio xudicial, co obxecto de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

⚫Cuarto. En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro quedará para constancia no órgano xudicial.

⚫Quinto. Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que foran adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

⚫Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformado pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles/as aspirantes que posúan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

⚫Sétimo. Os/as funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa aos/ás que se outorga destino en virtude desta resolución, aínda que foran destinados/as con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

⚫Oitavo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2024 (Boletín Oficial del Estado do 23 de xaneiro) non adxudicadas na presente resolución manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que poidan anunciarse como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público, ou en caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes.

👉Podedes acceder o ANEXO I premendo no seguiente enlace:

🔗 Resolución adxudica destinos Tramitación libre Galicia

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.