CURSO OBRIGATORIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA O PERSOAL DOS XULGADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

📢🔊 Cursos OBRIGATORIO de prevención de riscos laborais para o persoal dos Xulgados da provincia de Pontevedra‼️📢

ℹ️👉 No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra (agás Vigo, onde xa se realizou).

☑️ Modalidade: Teleformación
☑️ Solicitudes: Dende mañá xoves 12 ata o día 18 de novembro de 2020, mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;

☑️ Datas:
➖ Pontevedra cidade: 23 ó 27 de novembro. Proba final o 27 a partir das 12.
➖ Resto da provincia de Pontevedra: 30 de novembro a 4 de decembro. Proba final o 4/12 a partir das 12.

☑️ As probas de avaliación finais serán en liña nas datas que se establezan.

☑️ Os cursos convocados teñen carácter obrigatorio para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que teña o seu destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra, salvo para aquelas persoas que xa o realizaron coa EGAP con anterioridade á data da resolución.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

Preme para acceder ó DOGA – Curso prevención Pontevedra

Los comentarios están cerrados.